O Comité Nacional de Xuíces ven de publicar a circular 92/2017 coas bases da convocatoria de Ascenso á Categoría de Xuíz Árbitro.

Requisitos imprescindibles:

  • Catro anos ininterrumpidos como mínimo de actividade como Xuíz Nacional (dende a convocatoria 2011 e anteriores).
  • Ter licencia RFEA en vigor e renovala para a próxima tempada.

Inscrición ata o 15 de maio. Custe 60 €.

Data do exame: 11 de novembro.

Circular CNJ coas bases e ficha de inscrición: [ver]
Relación de Admitidos: [ver]
Relación definitiva de admitidos: [ver]
Sedes dos exames: [ver]

Enviar a ficha de inscrición cuberta ó correo comitegalegoxuices@gmail.com para que sexa selada e asinada polo presidente do Comité Galego de Xuíces.

O pago da cota do exame realizarase a través da Plataforma de Licenzas da FGA:
http://licenzas.carreirasgalegas.com/cursos

Manual de estudio do CNJ: [ver]
Exames de outras convocatorias e máis documentación. [ver]
Listado de admitidos: [ver]
Listado definitivo de admitidos: [ver]

O Comité Nacional de Xuíces ven de publicar a circular 93/2017 coas bases da convocatoria de Ascenso á Categoría de Xuíz Nacional.

Requisitos imprescindibles:

  • Ter licenza de Xuíz RFEA Nivel 1 nas tres últimas tempadas de xeito ininterrumpido (dende a tempada 2013/2014)
  • 19 anos cumplidos no ano da convocatoria
  • Ter licencia RFEA en vigor e renovala para a próxima tempada.

Inscrición ata o 15 de maio. Custe 40 €.

Data do exame: 11 de novembro.

Circular CNJ coas bases e ficha de inscrición: [ver]
Relación Admitidos: [ver]
Relación definitiva de admitidos: [ver]
Sedes dos exames: [ver]

Enviar a ficha de inscrición cuberta ó correo comitegalegoxuices@gmail.com para que sexa selada e asinada polo presidente do Comité Galego de Xuíces.

O pago da cota do exame realizarase a través da Plataforma de Licenzas da FGA:
http://licenzas.carreirasgalegas.com/cursos

Manual de estudio do CNJ: [ver]
Exames de outras convocatorias e máis documentación. [ver]

O fin de semana do 4 e 5 de novembro celébrase un Seminario de Actualización para os membros do Panel RFEA “A” de Marcha en Ruta do CNJ, en Madrid.

Acudirán a este seminario os xuíces galegos Jorge Blanco, Francisco J. Guijarro, Guillermo Sandino (delegación de A Coruña) e Mercedes Diéguez (delegación de Ourense).

Circular RFEA: [ver]

O Comité Nacional de Jueces da RFEA efectuou as seguintes designacións de xuíces do Comité Galego de Xuíces, nas competicións que a continuación se relacionan:

5/Novembro –  XXII Carrera Popular Costa de Ajo – Ajo

Xuiz Árbitro: BEATRIZ RIVAS MURIAS

12/Novembro –  XXXVII Carreira Popular de Negreira – Negreira

Xuíz Árbitro: GUILLERMO SANDINO LEIRA

Circular RFEA: [ver]

Renovación Licenzas 2017/2018

A Federación Galega de Atletismo acaba de publicar o Regulamento de Licenzas para a tempada 2017/2018, que complementa ó Regulamento da RFEA.

O plazo límite para a renovación de licenzas nacionais remata o 31 de outubro. A partires desta data, as licenzas nacionais teñen recargo.

O pago do custe total da licenza se fará no seguinte enlace: http://licenzas.carreirasgalegas.com/

Para renovacións de xuíces con pagos pendentes desta tempada consultar có teu delegado de xuíces antes de realizar a renovación pola plataforma.

Custes das licenzas:

  • Xuíz Honorario: 16,05 Euros seguro = 16,05 €
  • Xuíz Autonómico: 17 Euros licenza autonómica + 16,05 Euros seguro = 33,05 €
  • Xuíz RFEA Nivel 1: 50 Euros licenza nacional + 17 Euros licenza autonómica + 16,05 Euros seguro = 83,05 €
  • Xuíz Nacional, Árbitro, Árbitro Nacional: 66 Euros licenza nacional + 17 Euros licenza autonómica + 16,05 Euros seguro = 99,05 €
  • Recargo por tramitación de Licenza Nacional fora de plazo: 33 €

Os atletas con licenza en vigor que tamén renoven a licenza de xuíz están exentos do pago do seguro, porque xa foi abonado na licenza de atleta.

Circular FGA sobre Licenzas: [ver]
Cotas de Licenzas: [ver]
Circular RFEA procedemento tramitación licenzas: [ver]
Normativa RFEA sobre Licenzas: [ver]
Información RFEA sobre Licenzas: [ver]
Formulario RFEA renovación de Licenza: [ver]
Formulario RFEA nova Licenza: [ver]

O fin de semana do 21 e 22 de outubro celébrase un Seminario de Actualización para os membros do Panel RFEA “A” de Medición de Circuitos do CNJ, en León.

Acudirán a este seminario os xuíces galegos Beatriz Rivas Murias (delegación de A Coruña), José M. Abreu (delegación de Pontevedra), José Saturnino Molares e Juan Ramón Pérez (delegación de Vigo).

Circular RFEA: [ver]

Loito nos xuíces galegos

No día de onte faleceu o noso compañeiro José A. Bastos González, que durante moitos anos fora Xuíz Nacional da delegación de A Coruña.

Entre a súa dilatada actividade atlética cabe destacar participación nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992.

Dende o Comité Galego de Xuíces transmitimos o máis sinceiro pésame de tódolos xuíces galegos á súa familia e amigos, e desexarlle o mellor nestes duros momentos.

O Comité Nacional de Jueces da RFEA efectuou as seguintes designacións de xuíces do Comité Galego de Xuíces, nas competicións que a continuación se relacionan:

1/Outubro –  I Marathon de Langreo –  Langreo

X.X. Cronometraxe: FRANCISCO J. GUIJARRO DÍAZ

8/Outubro- A Coruña 10 – A Coruña

Xuíz Árbitro: TERESA ROJAS SUÁREZ

29/Outubro- XXII Media Maratón Internacional “Villa del Tratado de Tordesillas” – Tordesillas

Xuíz Árbitro: INOCENCIO PÉREZ ROMÁN

Circular RFEA: [ver]

A European Athletics convocou as probas de acceso para permanecer ou integrarse no panel de ITO’s de Área (Oficiais Técnicos de Área) para os próximos catro anos.

Loreto Pérez (Xuíz Arbitro) e Inocencio Pérez (Xuíz Arbitro Nacional) da delegación de Vigo se presentan a ditas probas de ascenso os días 9 e 10 de setembro en Bulgaria.

 

O Comité Galego de Xuíces da FGA efectuou as seguintes designacións para o mes de Setembro:

Circular FGA: [ver]