Archivo para la categoría ‘ Noticias

Nomeamentos AEA

A AEA efectuo as seguintes designacións de xuíces do Comité Galego de Xuíces, para o EUROPEAN ATHLETICS TEAM CHAMPIONSHIPS FIRST LEAGUE de Vaasa (Finlandia) que se celebra os días 23 a 25 de xuño.

ITO: LORETO PÉREZ ROMÁN

Seminario CNJ de Trail

O fin de semana do 17 e 18 de xuño celébrase en Madrid o primeiro Seminario de Trail organizado polo CNJ.

Acudirá un representante de cada Comité a dito seminario. Por parte do Comité Galego estará Saturnino Molares (Xuíz Nacional da delegación de Vigo).

Máis información sobre o seminario aquí.

O Comité Nacional de Xuíces ven de publicar a circular 92/2017 coas bases da convocatoria de Ascenso á Categoría de Xuíz Árbitro.

Requisitos imprescindibles:

  • Catro anos ininterrumpidos como mínimo de actividade como Xuíz Nacional (dende a convocatoria 2011 e anteriores).
  • Ter licencia RFEA en vigor e renovala para a próxima tempada.

Inscrición ata o 15 de maio. Custe 60 €.

Data do exame: 11 de novembro.

Circular CNJ coas bases e ficha de inscrición: [ver]
Relación de Admitidos: [ver]
Relación definitiva de admitidos: [ver]

Enviar a ficha de inscrición cuberta ó correo comitegalegoxuices@gmail.com para que sexa selada e asinada polo presidente do Comité Galego de Xuíces.

O pago da cota do exame realizarase a través da Plataforma de Licenzas da FGA:
http://licenzas.carreirasgalegas.com/cursos

Manual de estudio do CNJ: [ver]
Exames de outras convocatorias e máis documentación. [ver]
Listado de admitidos: [ver]
Listado definitivo de admitidos: [ver]

O Comité Nacional de Xuíces ven de publicar a circular 93/2017 coas bases da convocatoria de Ascenso á Categoría de Xuíz Nacional.

Requisitos imprescindibles:

  • Ter licenza de Xuíz RFEA Nivel 1 nas tres últimas tempadas de xeito ininterrumpido (dende a tempada 2013/2014)
  • 19 anos cumplidos no ano da convocatoria
  • Ter licencia RFEA en vigor e renovala para a próxima tempada.

Inscrición ata o 15 de maio. Custe 40 €.

Data do exame: 11 de novembro.

Circular CNJ coas bases e ficha de inscrición: [ver]
Relación Admitidos: [ver]
Relación definitiva de admitidos: [ver]

Enviar a ficha de inscrición cuberta ó correo comitegalegoxuices@gmail.com para que sexa selada e asinada polo presidente do Comité Galego de Xuíces.

O pago da cota do exame realizarase a través da Plataforma de Licenzas da FGA:
http://licenzas.carreirasgalegas.com/cursos

Manual de estudio do CNJ: [ver]
Exames de outras convocatorias e máis documentación. [ver]
Listado de admitidos: [ver]
Listado definitivo de admitidos: [ver]

A European Athletics convocou o curso e proba de acceso para permanecer ou integrarse no panel de ITO’s de Área (Oficiais Técnicos de Área) para os próximos catro anos.

Asimesmo, o CNJ convoca as probas de preselección para todos aqueles xuíces que desexen optar a examinarse para integrarse no panel de ITO’s de Área.

Requisitos imprescindibles:

  • Categoría Xuíz Árbitro ou superior.
  • Non ser menor de 23 anos nin maior de 60 anos.
  • Ler, escribir e falar inglés
  • Ter actúado como xuíz nalgunha designación do CNJ nos últimos 6 anos

A data límite de inscrición é o 2 de maio.

Circular do CNJ con toda a información e a ficha de inscrición: [ver]

O fin de semana do 13 e 14 de maio celébrase a Reunión de Presidentes de Comités Territorais de Xuíces de Atletismo en Madrid.

Ademáis asistirán tamén o Presidente do CNJ e os membros da Comisión de Saídas.

Entre outros temas, falarase da uniformidade, das probas de trail, da formación prevista e solicitada.

O Presidente do CGX asistirá a esta reunión.

Programa da reunión: [ver]

Reseña da reunión: [ver]

Placa RAMÓN DOCAL 2016

O venres 7 de abril na Gala Anual do Atletismo Galego que se celebrará no Teatro Elma da Pobra do Caramiñal a partir das 19:00 horas, farase entrega da Placa Ramón Docal o noso compañeiro Jorge Blanco Chao Xuíz Árbitro Nacional de A Coruña.

Animamos e agradecemos a todos aqueles que desexen acercarse ó acto de entrega.

Máis info aquí.

Exame de ascenso á categoría de Xuíz RFEA Nivel 1 o 12 de febreiro ás 16:30 horas na Facultade de Ciencias do Deporte (INEF) na Avenida Ernesto Che Guevara 121 de Oleiros (A Coruña).
Ubicación aquí.

Exame de ascenso á categoría Xuíz Territorial (11 de marzo) con sedes en A Coruña e Pontevedra a partir das 16:30 horas.

Os interesados poden dirixirse á súa delegación territorial da FGA para solicitar información sobre os cursos de preparación. Docentes dos cursos: [ver]

Formulario de inscrición: [descargar]
O pago da cota de inscrición se pode facer aquí

Circular con información exame Xuíz RFEA Nivel 1 [ver]
Inscritos exame Xuíz RFEA Nivel 1 [ver]

Circular con información exame Xuíz Territorial [ver]
Inscritos exame Xuíz Territorial [ver]

Relación de Aptos Exame Xuíz RFEA Nivel 1 [ver]
Relación de Aptos Exame Xuíz Territorial [ver]

Na Biblioteca Virtual do CGX se poden atopar modelos de exames, o regulamento IAAF e tamén exercicios.

Imprimir

O Comité Galego de Xuíces realizará unha serie de Cursos de Medición Indirecta nas distintas delegacións, coa intención de actualizar o Panel Autonómico de EDM.

Serán impartidos por Guillermo Sandino, en xornada de mañán ou tarde, naquelas delegacións interesadas e que o soliciten.

Datas dos cursos programados:

  1. Lugo – Sábado 15 de marzo de 2014 – Reseña: [ver]
  2. Ourense – Sábado 11 de marzo de 2017 – Reseña: [ver]

Os interesados en asistir poden comunicalo á súa delegación.

O domingo 12 de febreiro, as 11:00 horas, na Facultade de Ciencias do Deporte en A Coruña, reunirase a Xunta Directiva do Comité Galego de Xuíces.

Entre outros temas a tratar, están as problemáticas das delegacions, o regulamento do CGX, as probas con discapacitados e a programación de cursos.

Orde do día: [ver]
Reseña reunión: [ver]