CAMPIONATO PROVINCIAL INDIVIDUAL E DE EQUIPOS BEN/ALV/INF
Escrito por FGA Ferrolmay 4
Sábado 15 de Maio do 2010 pistas de atletismo ao aire libre de “A Malata”.
Categorías
BENXAMÍN: Nados nos anos 2002-2001 masculino e feminino
ALEVÍN: Nados nos anos 2000-1999 masculino e feminino
INFANTIL: Nados nos anos 1998-1997 masculino e feminino
CLASIFICACIÓN
Poderán participar neste Campionato Provincial as 16 mellores marcas provinciais de cada proba e categoría, realizadas nas fases previas.
A Federación Galega de Atletismo informará, a través da súa páxina web, do listado de atletas coas 16 mellores marcas da provincia de a Coruña
INSCRICIÓN
Os equipos realizarán a inscrición con data límite o venres 7 de maio ás 14:00 horas, indicando as probas en que participa o/a atleta inscrito/a e en que probas causa baixa.
A Federación Galega publicará o venres 7 de maio, pola tarde, os listaxes cos novos atletas que entran en clasificación debido ás baixas.
A data límite para a inscrición dos/as novos/as atletas será o mércores 12 de maio ás 14:00 horas.
As inscricións realizaranse a través do correo electrónico areatecnica@fgatletismo.com
