A Concellaría de Deportes do Concello de Ares, BEGANO a través da súa marca comercial POWERADE, e aFederación Galega de Atletismo:

, desenvolveran o vindeiro día 6 de agosto,a partir das 11 da mañá, a XX edición da Milla Urbana do Concello de Ares,unha proba deportiva de carreira a pé, que acolle participantes dende os 3anos ata os 100 e que nesta edición, por ser o seu 20 aniversario, mercede á colaboración de BEGANO, disporá de moitas novidades entre as que destacar, máis de 40 m2 de zona de fisioterapia, podología, adestradores
persoais, especilaistas en nutrición, con camillas, máquinas de estudio da
pisada, máquinas medidoras do índice de masa corporal, …. Por dito
motivo na xornada do venres 5 de agsoto, ás 12 da mañá, adestradores
persoais, estarán na Prza da Igrexa de Ares, para que todas as persoas que
querian coñecer o percorrido, e mesmo preparalo, poidan durante hora e
media facer unha sesión preparatoria da proba do seguinte día. Todos os
servizos serán de balde ea partires da categoría Cadete. Para esta sesión do
venres, será preciso apuntarse previamente na Alianza Aresana, pasando por
alí en horraio de 10 a 14 horas ata o xoves 4 de agosto, tamén no correo
electrónico servizos:.deportivos @concellodeares.com ou chamando ao
teléfono 981448057, no horario de 10 a 14 horas. Só é preciso deixar o nome
e apelidos, así como indicar a idade. Dispomos de 50 prazas que serán
cubertas por rigurosa orde de inscripción. Todas as persoas que participen
na xornada do venres, recibirán un agasallo.

Lembramos que para aproba está aberto o prazo
de inscripción e que pecharase o día 4 de agosto, xoves ás 20h. , de cara
a na xornada do venres poder repartir os dorsais na Alianza Aresana entre
as 10 e as 14 horas, ou ben recolléndoo o mesmo día da proba entre as 9 e
as 10,30 horas. Dende a organización adrvírtese de que non poderá
efectuarse a inscripción o mesmo día. Para formalizar a inscripción é
preciso enviar un correo electrónico:fgaferrol@gmail.com

[Resultados]