Archivo para la categoría ‘ Xuices

Curso Medición Indirecta

Dende a Delegación da FGA en Lugo estamos a traballara pola formación dos nosos xuices e fomentar a inclusión dos mesmos nos distintos paneis especialistas do Comite Galego de Xuices e no CNJ, facilitando todo o necesario para a realización de seminarios para mellorar as súas actuacións nas probas a realizar na nosa delegación.

Durante a tarde do sábado 15 de marzo celebrouse no Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo un Seminario de Medición Indirecta para o acceso ao Panel Autonómico de EDM impartido polo Coordinador do Panel Guillermo Sandino Leira.

No seminario tratáronse os seguintes puntos:

  • Fundamentos da Medición con Medios Electrónicos no Atletismo.
  • Regulamentación Nacional e Internacional relacionada cos medios científicos.
  • Acordos dos Xuices Árbitros do CNJ.
  • Protocolo RFEA-FGA de actuación co equipo de EDM.
  • Montaxe práctico da estación en pista e práctica do protocolo.

O comezo do curso foi as 17:00 horas e durou ata as 20:00 horas, co desenrolo das partes teóricas e a práctica na pista.

Durante a xornada do domingo e coincidindo coa disputa da 1ª Xornada Clasificatoria Benxamin/Alevin os participantes fixeron unha práctia en competición.

Os xuices da delegación asistentes o seminario foron os seguintes:

  • Rubén Fernández Fernández
  • Eustorgio Martín Teijeiro
  • Iván Rey Lugilde
  • Lucía Seijas Vázquez
  • Alejandro Soriano Sutil

Ditos xuices pasan dende este momento a formar parte do panel como Aspirantes e formarán parte do mesmo en canto sexan evaluados nunha competición co montaxe e o uso do equipo.

O Comité Galego de Xuices sacou a convocatoria de examene para Xuices Territoriais.

A data do examen será o día 23 de febreiro do 2013.

O único requisito dos aspirantes é ser maior de 16 anos na data do examen.

Para facer a inscripción será necesario entregar nesta delegación a seguinte documentación:

A data límite para a inscripción 8 de febreiro.

O temario para o examen será o Regulamento da IAAF 2012-2013, o capítulo 5 “Normas Técnicas” artigos 100 a 263.


Para facilitar o estudio para o examen a Delegación en Lugo fará un cursillo os martes e venres pola tarde a partir das 20:30 h.

O Comité Galego de Xuices sacou a convocatoria de examene para Xuices Nacional Nivel I – Territoriais.

A data do examen será o día 15 outubro do 2011.

O único requisito dos aspirantes é ser maior de 16 anos na data do examen.

Para facer a inscripción será necesario entregar nesta delegación a seguinte documentación:

A data límite para a inscripción 1 de outubro.

O temario para o examen será o Regulamento da IAAF 2010-2011, o capítulo 5 “Normas Técnicas” artigos 100 a 263.

Exame xuiz territorial.

O vindeiro sábado día 20 celébrase o examen para xuiz territorial.

Sede:

  • Pontevedra, Salón de Actos do C.G.T.D. sito en C/ Fernando Satos S/N

Hora:

  • 17:30 – Convocatoria no salón do exame. Deberán presentar o DNI ou documento acreditativo e aboar os 10 € de dereito a exame.
  • 18:00 – Inicio do exame.

Duración:

  • 90 minutos.

Estructura do exame:

  • 21 preguntas tipo test (valor 1 punto cada unha) e 3 supostos prácticos (3 puntos cada un). 30 puntos máximo.

Será necesario sumar un total de 20 puntos para acadar o APTO.

Recoméndase a os examinados acudir con carpeta para escribir e bolígrafo.

Vense de producir cambios no examen para acceder a categoría de xuíz territorial.

A nova data do exame será o vindeiro 20 marzo do 2.010. A sede aínda non está definida.

Os aspirantes deberán aboar unha cuota de dereito a exame a FGA de 10 euros, que se abonará o mesmo día do examen.

Circular 5/2010 Comité Galego de Xuices

O Comité Galego de Xuices sacou a convocatoria de examene para Xuices Territorias.

A data do examen será o día 6 marzo do 2.010 (data por determinar

O único requisito dos aspirantes é ser maior de 16 anos na data do examen.

Para facer a inscripción será necesario entragar nesta delegación a seguinte documentación:

  • 1 fotografía tamaño carnet.
  • Ficha de inscripción cuberta.

A data límite para a inscripción é o 20 de febreiro do 2.010.

Circular 15/2009 Comité Galego de Xuices

O temario para o examen será o Regulamento da IAAF 2010-2011, o capítulo 5 “Normas Técnicas” artigos 100 a 263.

Manual IAAF 2.010-2.011

Manual IAAF 2009-2010

A RFEA xa ten disponible a versión en castelán das “Reglas de Competición 2009-2010” publicadas pola IAAF vixentes para a actual tempada.

Aquí tedes o enlace o arquivo .pdf. Esperamos que en breve estea disponible a versión impresa.