Archivo para el mes de marzo, 2010

A Delegación en Lugo da Federación Galega de Atletismo organiza a 1ª Xornada de Control en pista o vindeiro sábado día 10 de abril do 2.010.

A competición celebrarase no Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo, en xornada de tarde.

Recoméndase facer as inscripcions vía e-mail, fgatletismolugo@gmail.com ata as 20:00 do venres día 9, ainda que aceptaránse inscripcions o mesmo día da competición ata 45 minutos antes de a realización das probas. Recórdase que é necesario un mínimo de 3 atletas inscritos para a realización das probas. As probas que non alcancen os tres inscritos serán suprimidas.

HORARIO – 1ª Xornada control en pista


ATENCIÓN: Por problemas técnicos o control atrasarase unha hora disputándose as probas no orden indicado. Sendo a hora de inicio as 17:00 h.

No vindeiro mes de Abril comeza a competición do programa XOGADE 2009-2010 de Atletismo en Pista.

Deixamos a Normativa e Folla de Inscripcións:

Normativa e Horario Pista Aire Libre (pdf)

Folla Inscripcion Pista (Excell)

Horario Modificado

EDITADO: Actualizada a Normativa con novo horario que inclue as carreiras de obstáculos.

Datas Xogade Atletismo en pista

As datas da competición XOGADE 2010 de atletismo en pista son as seguintes:

  • 11 de abril. 1ª Proba preparatoria.
  • 18 de abril. Campionato Provincial Probas Combinadas.
  • 25 de abril. 2ª Proba preparatoria.
  • 2 de maio. Campionato Provincial Individual.
  • 22 de maio. Campionato Galego Equipos e Probas Combinadas.
  • 29 de maio. Camipionato Galego Individual.

Exame xuiz territorial.

O vindeiro sábado día 20 celébrase o examen para xuiz territorial.

Sede:

  • Pontevedra, Salón de Actos do C.G.T.D. sito en C/ Fernando Satos S/N

Hora:

  • 17:30 – Convocatoria no salón do exame. Deberán presentar o DNI ou documento acreditativo e aboar os 10 € de dereito a exame.
  • 18:00 – Inicio do exame.

Duración:

  • 90 minutos.

Estructura do exame:

  • 21 preguntas tipo test (valor 1 punto cada unha) e 3 supostos prácticos (3 puntos cada un). 30 puntos máximo.

Será necesario sumar un total de 20 puntos para acadar o APTO.

Recoméndase a os examinados acudir con carpeta para escribir e bolígrafo.