Intenso fin de semana atlético na provincia, ca disputa no Módulo de Atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera do Campeonato Galego de Clubs de Probas Combinadas (De cadete a absoluto) e tamén do Campeonato Galego de Heptathlón Masculino e Pentathlón Femenino Veterán nas xonrnadas do sábado 10 e domingo 11. Ademáis, en Friol, se disputará o Campeonato Provincial Absoluto de Cross, ademáis do II Cross de Friol para as categorías de menores (de benxamín ata cadete).

As probas das Campeonato das Probas Combinadas comenzarán o sábado a partir das 16.00 horas, mentras que o xornada do domingo se desenrolará na matinal a partir das 10.00 horas da mañá. Os tres primeiros atletas veteráns clasificados recibirán unha medalla conmemorativa do campionato, sendo de obrigado cumprimento acudir ao protocolo de premiacións. Caso contrario, non se fará entrega da medalla. No Campionato Galego de clubs haberá trofeos para os tres primeiros clubes e obsequio aos tres primeiros de cada categoría.

Polo que respecta o cross en Friol, as probas comenzarán a partir das 10.30 da mañá na xornada do sábado 10, ca disputa do II Cross Concello de Friol para as categorías de menores. Haberá medalla conmemorativa para todos os participantes e trofeos para os tres primeiros clasficados de cada categoría. Polo que respecta o provincial absoluto, levarán medalla os tres primeiros clasificados de cada categoría, dende xuvenil ata veteranos.