O Pasado fin de semana o Módulo de Atletismo de Lugo volveu a ser escenario dun novo Campeonato Galego. Nesta ocasión, se disputou ca organización da Delegación Lucense de Atletismo o Campeonato Galego de Clubs de Probas Combinadas, así como o Campionato Galego Heptathlón e Pentathlón de Veteranos.

O gran triunfador deste campeonato foi a Sociedade Gimnástica de Pontevedra, que se proclamaría vencedor tanto no apartado masculino como no femenino. Ademáis, os atletas de ditos clubs, Santi Ferrer e Sandra Carballo foron os máis destacados no plano individual.

O segundo caixón do podium no apartado masculino foi para O R.C. Celta de Vigo, mentras que a Agrupación Viguesa de Atletismo lograba o tercer escalafón do podium. No tocante a proba femenina, a segunda posición foi para a Agrupación Viguesa de Atletismo e a Atlética A Silva lograba o tercer posto.

Entre os locales, destacou a actuación do xoven atleta de Castro Adolfo Sainz-Maza (R.C. Celta) que lograba a segunda posición individual, mentras que o mesmo posto o firmaba a lucense Alicia Merino (Lucus Caixa Rural).

Entre os veteranos, títulos para Gabriel Lorenzo (Atletismo Morrazo), José Luis Domínguez (R.C. Celta) e Francisco Quintáns (S.G. Pontevedra) no apartado masculino, mentras que no femenino, Mónica Yañez (ADAS O Barco), Lucía Doval (Atlética A Silva), María de los Ángeles Bernárdez (Atletismo Morrazo), Rosario Sureda (ADAS O Barco) e María de los Ángeles Rodríguez (ADAS O Barco) conseguían a medalla de ouro entre as féminas.

Resultados completos