Delegación en Lugo da Federación Galega de Atletismo organiza o 1ª Xornada de atletismo para menores en Pista Cuberta,  o sábado 4 de marzo, no Estadio Gregorio Pérez Rivera e no Módulo Cuberto. A proba disputarase baixo o control técnico do Comité Galego de Xuices.

04/03/2017 – Xornada Atletismo Menores Pista Cuberta

RESUMO REGULAMENTO

Poderán participar todos os atletas federados que se atopen en calquera das seguintes condicións:

  • Atletas que teñan ficha federada ó longo da tempada actual (2016/17) por algún Club pertencentes a provincia de Lugo.
  • Atletas das categorías benxamin, alevin e infantil.
  • Para as probas de 60 m.l., 60 m.v. e 1.000 CADETE, poderán tomar parte calquer atleta que teña ficha federada o longo da tempada actual (2016/17) pola Federación Galega de Atletismo.

As inscripcións faránse a través do sistema online da web da RFEA (https://isis.rfea.es/sirfea2/) ata as 20:00 horas do xoves anterior a celebración das probas.

Nas probas de concursos estará limitada a participación a un máximo de 3 atletas por clube. Se o número de atletas participantes e menor de 16, todos faran 4 intentos, se o número e 16 ou máis todos faran 3 intentos.