O vindeiro domingo día 13 celébrase a primeira Proba Clasificatoria da competición en Idade Escolar da presente tempada 2009-2010.

A competición celebrarase no circuito dos terreos da Feira-Exposición de Lugo.

Circuito Cross Preparatoria 13 Diciembre

Circuito e horarios

Manual IAAF 2009-2010

A RFEA xa ten disponible a versión en castelán das “Reglas de Competición 2009-2010” publicadas pola IAAF vixentes para a actual tempada.

Aquí tedes o enlace o arquivo .pdf. Esperamos que en breve estea disponible a versión impresa.

Normativa Campo a Través Escolar

Adxuntamos a normativa para as probas de Campo a Través Escolares.

O calendario de probas é o seguinte:

13 de decembro de 2.009 – Proba preparatoria – Zona Centro Lugo*
31 de xaneiro de 2.010 – Fase zonal clasificatoria – Zona Centro Lugo*
7 de febreiro de 2.010 – Campionato Provincial en Lugo*
27 de febreiro de 2.010 – Campionato Galego

Recordamos a inscrición farase antes do mércores anterior a cada proba, excepto para a fase autonómica, na que será antes das 14:00 h do venres da semana anterior a celebración da proba.

As inscricións faranse mediante o documento “Excel” adxunto.

Para a primeira proba preparatoria e en previsión dos festivos aceptaránse as inscripcións o xoves antes da proba.

Calqueira dúbida contactar con esta delegación.

Normativa Campo Traves Escolar

Folla Inscripción Cross Escolar – Folla Excell

Convocatoria Exámen Xuices Territoriais

O Comité Galego de Xuices sacou a convocatoria de examene para Xuices Territorias.

A data do examen será o día 6 marzo do 2010.

O único requisito dos aspirantes é ser maior de 16 anos na data do examen.

Para facer a inscripción será necesario entragar nesta delegación a seguinte documentación:

  • 1 fotografía tamaño carnet.
  • Ficha de inscripción cuberta.

A data límite para a inscripción é o 20 de febreiro do 2.010.

O temario para o examen será o Regulamento da IAAF 2010-2011, o capítulo 5 “Normas Técnicas” artigos 100 a 263.

Xogade 2.009-2.010

Xa están disponible a información do programa Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar, Xogade 2009-2010.

Os prazos de inscripción dos equipos para as distintas competicións de atletismo son:

- Campo a través: 26 de outubro.

- Pista cuberta: 26 de outubro.

- Pista: 15 de xaneiro.

As inscripcions dos equipos e atletas faise na web do deporte escolar.

Programa Xogade 2.009-2.010

Normativa Licenzas Tempada 2.009-2.010

A Federación Galega de Atletismo ven de publicar a Circular 69-2009 onde se indica a normativa para licenzas para a tempada 2009-2010.

Que ven a completar a Circular 178-2009 Reglamento Licencias Federativas publicada recentemente pola RFEA.

Normativa Federación Galega

Normativa RFEA