Archivo para la categoría ‘ Xeral

3 Xornada Escolar en Pista

[RESULTADOS]

[INSCRITOS] sombreados en roxo os/as atletas rexeitados.

2 XORNADA ESCOLAR EN PISTA

[RESULTADOS]

[RESULTADOS]

Informamos que durante o mes de abril disputaranse as seguintes probas, incluídas no calendario Oficial da Delegación FGA en Ourense.

01/04 – 1 Xornada Interzonal Escolar en Pista – Monterrei – Pereiro de Aguiar.

22/04 – 2 Xornada Interzona Escolar en Pista – Monterrei – Pereiro de Aguiar.

23/04 – Carreira do Vinteún – 7 Circuito Correndo por Ourense – Barrio do Vinteún.

29/04 – 3 Xornada Interzonal Escolar en Pista – Probas Combinadas – Monterrei – Pereiro de Aguiar.

30/04 – Milla Solidaria Ourense 2017 – Circuito Urbán – Rúa do Paseo – Ourense.

[RESULTADOS]

O vindeiro sabado día 25 de marzo nas Pistas de Atletismo do Campus Universitario de Ourense disputarase o VI Trofeo Club Deportivo Aurum, que organizan o Club Deportivo Aurum e a Delegación en Ourense da F.G.A.; co Patrocinio de: Vicerreitoría do Campus de Ourense-Universidade de Vigo, Concellería de Deportes e Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense; e a colaboración de: Deimpresión. O control da competición corresponderá ó Comité Provincial de Xuíces da Delegación de Ourense da F.G.A.

No VI Trofeo Club Deportivo Aurum se desenvolverán as seguintes competicións:

– Campionato de Galicia de 10.000 metros [Circular21/2017].

– Campionato de Galicia de Milla [Circular22/2017].

– Campionato Provincial de 10.000 metros [REGULAMENTO].

As inscricións para estes eventos realizaranse ata as 20’00 horas do martes 21 de marzo na EXTRANET RFEA [https://isis.rfea.es/sirfea2/main.asp]. 

Os atletas deberán aportar a súa millor marca na proba (ruta ou pista) para ser encuadrados nunha das series que se disputan. Publicarase un listado cos componentes das series que se disputarán.

Retirada de dorsais e confirmación de participación en Secretaria de Competición ata 40’ antes do inicio da proba na que se atopa inscrito.

Protocolo de cámara de chamadas apertura 15’ antes do comezo da proba e peche 5’ antes do comezo da proba na que se atopen inscritos. 

O Club Deportivo Aurum, entidade organizadora do Campionato Provincial de 10.000 metros, entregará medalla ós tres primeiros clasificados do Campionato Provincial de 10.000metros (categoría absoluta masculina e feminina) e Trofeo ós tres primeiros Clubs con ficha dilixenciada pola Delegación FGA en Ourense en categoría absoluta masculina e feminina. 

O domingo día 19 de marzo coa organización do Club Atletismo Carballiño, disputarase esta proba incluida no Calendario Oficial da FGA e supervisada por xuíces da Delegación en Ourense da Federación Galega de atletismo. [REGULAMENTO]

A saída e a chegada estarán na Avenida do Balneario (42°26'00.9"N 8°04'48.6"W) e o percorrido constará de tres voltas que discurrirán polas seguintes rúas: Avenida do Parque, Avenida do Arenteiro e Avenida do Balneario.

Poderán participar tanto atletas federados como non federados, sempre que teñan 18 anos cumpridos o día da proba.

[INSCRICIONS] Medio Maratón.

[INSCRICIONS] 7km.

Os atletas disporán dun servizo de vestiarios e duchas no Pabillón Paco Chao situado a 600 metros da meta. Haberá servizo de autobús para o desprazamento ó Pabellón. O autobús se situará nas inmediacións do auditorio onde disporemos do servizo de guardarropía

A retirada de dorsais e chips se efectuará:

– O sábado día 18 de marzo entre as 5 h da tarde e ata as 8 h no Auditorio Municipal de O Carballiño (Avenida do Balneario, o lado da Estación de Autobuses).

– O día da proba no Auditorio Municipal, dende as 08:30h da mañá ata 30 minutos antes do comezo da proba.

TROFEOS: Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados da xeneral e os tres primeiros clasificados de cada categoría tanto en homes como mulleres, sempre que participen un mínimo de 5, si son menos de 5 participantes pasaran a categoría anterior.

102 KM DE CARBALLIÑO A SANTIAGO

O Sabado día 11 de marzo disputarase a 2ª edición dos “102km Carballiño-Santiago”. En 24 H, saida as 07:00 horas

ORGANIZA: Club atletismo Carballiño 

Na proba  poderán participar todas as persoas maiores de 18 años que o desexen, federados e non federados. 

TROFEOS: Trofeos os tres primeiros da xeral e os primeiros de cada categoría e diploma a todos os finalistas, camiseta tecnica a todos os participantes, así como outros premios que consideren oportunos 

  • DORSAIS: Os dorsais somente se recollerán nos sitios habilitados o efecto no Hotel Derby de O Carballiño ata o día antes da disputa da porba. O mesmo día da  proba, so para casos excepcionais e comunicándoo con suficiente antelación. Para retirar o dorsal, os participantes terán que presentar o resgardo ou copia da inscripción e o DNI, pasaporte ou outro documento oficial que acredite a sus identidade.

[REGULAMENTO]

[INSCRICIÓNS] Na web de Cronotec

Información na web Carreiras Galegas

[FACEBOOK] Oficial da proba

[RESULTADOS] CORREXIDOS para subsanar erro detectado na clasificación por equipos da categoría infantil feminina. E o cambio de nome en dous resultados individuais do Colexio CPI Tomás de Lemos na categoría Alevín Masculina.

[INSCRITOS] Listado de inscritos por categoría e sexo no Campionato Provincial Escolar de Campo a Través, a disputar o próximo sabado día 18 de febreiro no Circuito de Campo a Través do Complexo Polideportivo de Monterrei.

[HORARIO] Horario, Circuito, Distancias por categoríá e sexo dos participantes.

Control saltos FGA

[RESULTADOS]