Archivo para la categoría ‘ Pista Cubierta

Control saltos FGA

[RESULTADOS]

¿QUERES SER XUIZ DE ATLETISMO?

Convocatoria Xuiz Atletismo 2017O próximo martes día 17 as 19.30h, haberá unha reunión informativa sobre os exames para Xuíz de Atletismo na Sala de Xuntas da Delegacion de Atletismo de Ourense na Rúa Carlos Maside, s/n (nos baixos da grada de preferencia do campo de futbol de O Couto).

O 12 de Febrero será o exame para Xuíz RFEA Nivel1 e o 11 de Marzo para Xuíz Territorial.

O único requisito e ter 16 años na data do exame.

Os temas a tratar serán: a programación dos días de clases, as diferenzas entre a licenza de Xuíz RFEA Nivel1 e Xuíz Territorial e aclararanse todas aquelas dubidas que poidan xurdir.

Na páxina do Comite Galego de Xuíces podese atopar máis información. http://www.fgatletismo.es/cgx/

Animamos a todos aqueles que poidan estar interesados, e rogamos a máxima difusión desta noticia entre todos os estamentos do atletismo ourensán.

TROFEO DE NADAL DE PISTA CUBIERTA

[RESULTADOS] Xornada de Mañá.

[RESULTADOS] Combinadas Benxamin e Alevín.

[RESULTADOS] Xornada de tarde.

[RESULTADOS] Combinadas Infantil.

Cambio de Sede da FGA en Ourense

Durante a pasada semana a Xunta de Galicia trasladou as dependencias das Federacións Deportivas en Ourense a unhas novas instalacións.

A nova ubicación, das Federación Deportivas, situase no baixo da grada de preferencia do Campo de Futbol de O Couto, con entrada pola rúa Carlos Maside.

Polo tanto, a partir de hoxe, a nova dirección da Delegación en Ourense da Federación Galega de Atletismo, e a seguinte:

Delegación en Ourense da Federación Galega de Atletismo

Rúa Carlos Maside, s/n – Local 2

32002 – Ourense

Os horarios de atención, teléfonos e direccións de correo electrónico seguen a ser os mesmos.

V Trofeo Club Deportivo Aurum

¡¡¡IMPORTANTE!!! Informase a todos os participantes que, para todas as probas programadas no horario do V Trofeo Club Deportivo Aurum e Campionato de Galicia e Provincial de 10000 metros, deberán inscribirse co dorsal individualizado outorgado a cada atleta pola FGA para os Campionatos de Galicia.

[RESULTADOS] correxidos 04/03/2016

Unha vez rematado o prazo de inscrición, faise público o [HORARIORECTIFICADO] segundo a inscrición recibida. Suprímense as probas da categoría absoluta e adáptase o horario o número de inscritos do resto de categorías.

[LISTADOINSCRITOS]

Dado a gran inscrición recibida (539 atletas, 227 homes e 312 mulleres) Informase que:

A retirada de dorsais efectuarase por Clubes, entregaranse os dorsais a unha persoa representante de cada Clube, non se realizarán entregas de dorsais individualizadas, a persoa representante de cada Clube deberá informar á Secretaría de Competición das baixas producidas na inscrición dos atletas do seu Clube para facilitar a confección das series e probas de concursos.

¡¡¡ Pódese enviar baixas de atletas o enderezo electrónico fgaourense@yahoo.es!!! 

Solicitamos encarecidamente, a colaboración de todos para lograr a maior fluidez posible nas probas. 

Lembrase ós atletas que somentes poden participar en dúas probas das incluidas no horario de competición, que poden ser dúas carreiras (somentes unha de elas de máis de 250 metros), unha carreira e un concurso ou dous concursos. Si se incumple esta normativa o atleta será descualificado en todas as probas nas que participou.

A Delegación en Ourense da FGA informa da suspensión das probas da categoría absoluta incluidas no horario da 4ª Xornada da XXXIII Copa Deputación de Atletismo en Pista, son:

– 3000 metros absoluto masculino

– 3000 metros absoluto feminino

– 600 metros absoluto masculino

– 600 metros absoluto feminino

– 800 metros absoluto masculino

O tratarse dunha xornada adicada as categorias inferiores, e dada a grande inscrición rexistrada nestas categorías (539 atletas), suspendense as probas da categoría absoluta.

Solicitamos a comprensión dos afectados e pedimos as disculpas pertinentes.

3 XORNADA XXXIII COPA DEPUTACION

[RESULTADOS]

A Delegación en Ourense da FGA e o seu patrocinador a Excma. Deputación Provincial de Ourense, organizan o próximo sabado día 16 de xaneiro a 3ª xornada da XXXIII Copa Deputación de Atletismo, que se disputará no módulo cuberto do Pabillón "Os Remedios" de Ourense, contando coa colaboración para o desenrrolo das probas, do Consello Municipal de Deportes e Intersport BOUSO.

Unha vez rematado o prazo de inscrición, informase do novo horario de competición e dos participantes inscritos.

[HORARIO] RECTIFICADO segundo inscrición recibida.

[INSCRITOS]

Dende a Organizacion lémbrase ós participantes, a obligatoriedade de retirar o dorsal e confirmar a súa participación, en secretaría de competición ata 40' antes do comezo da proba na que se atopen inscritos, unha vez rematado este prazo non se permitirá a participación de ningún atleta.