Archivo para el mes de marzo, 2010

Foto Salida pruebas masculina Cpto. Prov. 10.000 metrosNa mañá do sabado 27 de marzo disputouse o Campionato provincial de 10.000 metros – Trofeo Casa da Xuventude de Ourense.

A primeira proba en disputarse foron os 10.000 metros en categoría masculina, carreira na que saldrían 22 participantes e rexistrarianse 4 abandonos, dende o comezo formariase un trio de cabeza formado por José Marquez e Alex Cid do Ourense Atletismo e Eladio Rosales do Casa da Xuventude; que irian trocando as suas posición ata o kilometro 7 no que se destacaría José Marquez (33'41"30) que acadaría o primeiro posto final da carreira, seguido de Alex Cid (33'57"97) e terceira posición para Lalo Rosales (34'08"30), estas serían as plazas do podium do Campionato Provincial. Por Categorias en senior venceu Alex Cid do Ourense Atletismo, en Veterans A José Marquez do Ourense Atletismo e en Veteráns B Amador Aguiar (35'34"28) do Clube de Atletas Independientes de Ourense.

A Carreira feminina tuvo como protagonista a atleta do Ourense Atletismo Silvia Teijeiro que pasou en primeira posición por tódolos puntos kilometricos acadando a victoria final cun tempo de 42'04"55 seguida pola súa compañeira de clube Filomena Cid cun tempo de 47'06"10.

No triple salto venceu en categoría masculina Ismael Requejo (11'18metros) e Alba Martínez na feminina (10'80metros) ambos atletas do Ourense Atletismo A. Postal.

Na proba dos 400m.valados resultou gañador Javier Rivero do ADAS Proinor cunha marcha de 1'00"68.

Nas probas de 500 metros venceron en categoría benxamin Emilia Inés Antao (Benchoshey) e Xurxo Martiño Troche (Escola Atletismo A. Postal) en categoría alevín Elena Freiría e Jesús Álvarez da Escola de Atletismo A. Postal.

Nas probas de 1.000 metros en categoria masculina resultou vencedor Javier Rivero do ADAS Proinor cunha marca de 2'49"50 seguido de Jacobo Pérez do Ourense Atletismo cunha marca de 2'54"20. Na categoría feminina a vencedora foi Juliana Díaz atleta infatil do Clube de Atletismo Arcos de Valdevez de Portugal cunha marca de 3'13"32 seguida pola atleta do Ourense Atletismo Aitana Leguiçano cunha marca de 3'21"14.

En definitiva numerosa participación e grande ambiente nesta primeira edicción do Trofeo Casa da Xuventude de Ourense.

 

[RESULTADOS]

[FOTOS]

O próximo sabado día 27 nas Pistas "Josefina Salgado" no complexo Polideportivo de Monterrei, disputarase o TROFEO CASA DA XUVENTUDE no que estará incluido no programa de competición a disputa do Cpto. Provincial Absoluto de 10.000 m.l.

O Organizador a Casa da Xuventude establece unha serie de premios para os atletas participantes nas probas. Recibirán unha medalla os vencedores da cada unha das probas que se dispután no programa. Na proba de 10.000 m.lisos entregarase medalla ó primeiro clasificado de cada unha das categorías que se dispután (xunior, promesa, senior, veterán a (35 a 44 anos), veterán b (45 a 54 anos), veterán c (55 a 64 anos) e veterán d (65 ou máis anos), así mesmo, entregarase un trofeo os tres primeiros clasificados absolutos (somente atletas Ourensáns) do Campionato Provincial de 10.000 m.lisos.

As probas principiarán as 11'00 horas coa disputa dos 10.000 m.lisos na categoría masculina e finalizarán as 13'00 horas coa disputa da proba de 1.000 m.lisos na categoría masculina. Destacar o gran numero de inscritos, que deberán confirmar a súa participación e retirar o dorsal na Secretaría de Competición hasta 30' antes do inicio da proba na que participen.

[CARTEL DO CAMPIONATO]

[HORARIO]

[INSCRITOS POR PROBA]

O pasado luns a Xunta de Goberno da delegación FGA en Ourense aprobou o Calendario de Aire Libre para a Tempada 2010, así como as probas a disputar en cada unha das xornadas de competición.

CALENDARIO AIRE LIBRE FGA EN OURENSE

PROGRAMAS DE COMPETICIÓN