RESULTADOS
A Delegación en Ourense da FGA e o seu patrocinador oficial a Excma. Deputación Provincial de Ourense organizan dentro da programación de competicións da tempada 2010 a 11ª Xornada da XXVII Copa Deputación de Atletismo en pista o vindeiro venrres día 9 de xullo a partires das 19'30 horas nas pistas "Josefina Salgado" no complexo polideportivo de monterrei en Pereiro de Aguiar.
As inscripcións deberán enviarse o correo electrónico fgaourense@gmail.com ata as 20'00 horas do mércores día 7 de xuño. Deberán conter as inscripcións os seguintes datos, nome e apelidos, data da nacimiento, nº de licencia, clube o que pertencen os atletas e proba na que pretendan participar. Os atletas que se inscriban deberán confirmar a súa participación e retirar o dorsal para competir, na secretaria de competición ata 30' antes do inicio da proba.
[HORARIO] ¡¡¡¡ RECTIFICADO !!!!
[InscritosPorProba]
Una vez recibida na Delegación FGA en Ourense a subvención relativa os premios a clubes e atletas correspondentes a XXVI Copa Deputación de Atletismo en Pista (Temporada 2008-2009). Informase a tódolos clubes e atletas premiados que segundo se indicaba na Disposición Final do Regulamento da Copa Deputación de atletismo, dispoñen de 3 meses (ata o venrres 1 de outubro) para poder facer efectivos os premios, ven retirando os cheques na Delegación FGA en Ourense (no caso dos clubes) ou facendo efectivos os vales de material deportivo nas tendas habilitadas o efecto.
[RELACIÓN] de atletas que poden facer efectivo os seus vales en material deportivo na tenda de Deportes Tri-Sport S.L. (B-32328312) sita na Avda. da Estación, 12, 32300 – O Barco de Valdeorras.
[RELACIÓN] de atletas que poden facer efectivo os seus vales en matrial deportivo na tenda de Deportes RED.1 (E-32256786), sita na Rúa Nosa Señora da Sainza, 18, 32005 – Ourense.
Lembramos a tódolos premiados (clubes e atletas), que segundo a disposición final do Regulamento da XXVI Copa Deputación de Atletismo unha vez transcurrido o prazo dos 3 meses do que dispoñen para facer efectivos os premios, as cantidades non satisfeitas nesa data serán usadas pola Delegación FGA en Ourense para a renovación do material de competición.