Convocatoria Xuiz Atletismo 2017O próximo martes día 17 as 19.30h, haberá unha reunión informativa sobre os exames para Xuíz de Atletismo na Sala de Xuntas da Delegacion de Atletismo de Ourense na Rúa Carlos Maside, s/n (nos baixos da grada de preferencia do campo de futbol de O Couto).

O 12 de Febrero será o exame para Xuíz RFEA Nivel1 e o 11 de Marzo para Xuíz Territorial.

O único requisito e ter 16 años na data do exame.

Os temas a tratar serán: a programación dos días de clases, as diferenzas entre a licenza de Xuíz RFEA Nivel1 e Xuíz Territorial e aclararanse todas aquelas dubidas que poidan xurdir.

Na páxina do Comite Galego de Xuíces podese atopar máis información. http://www.fgatletismo.es/cgx/

Animamos a todos aqueles que poidan estar interesados, e rogamos a máxima difusión desta noticia entre todos os estamentos do atletismo ourensán.