cros ribadavia-web

O vindeiro día 29 de xaneiro, no circuito de campo a través da Area Recreativa de "A Veronza" en Ribadavía, o Concello de Ribadavia, o Servizo Provincial de Deportes de Ribadavia, a Federación Galega de atletismo e o Club Deportivo Aurum, organizan o: LXXXII Campionato de Galicia de Campo a Través Absoluto, Promesa e Junior, Individual e por Equipos Masculino e o L Campionato de Galicia de Campo a Través Absoluto, Promesa e Junior, Individual e por Equipos Feminino. [CIRCULAR].

As dúas probas están incluídas no II Circuto Galego de Campo a Través. [REGULAMENTO]

As inscricións realizaranse a través da EXTRANET na web da Real Federación Española de Atletismo (Enlace), como data límite o martes día 24 de xaneiro as 20'00 horas.

A Organización e a Federación Galega de Atletismo, aproveitando o feito de que se cumplen 50 edicións da 1ª disputa do Campionato de Campo a Través en categoría Feminina, honenaxeará a 1ª Campeona Galega de Campo a Través, a Ourensana Aurora Salgado (imaxe protagonista do Cartel do Campionato), que resultara vencedora da primeira edición disputada en Santiago de Compostela o 18/02/1968.

[INSCRITOS]

[DOCUMENTACION] Dossier do Campionato.

LOCALIZACIÓN [PincharAqui]