O sábado día 7 de outubro a Delegación en Ourense da FGA e o seu patrocinador a Excma. Deputación Provincial de Ourense, organizan nas pistas "Josefina Salgado" no Complexo Polideportivo de Monterrei, a 4 Xornada da XXXIV Copa Deputación de Atletismo, co seguinte [HORARIO].

Trátase dunha xornada de promoción, na que se disputarán asemade probas da categoría absoluta.

As inscricións estarán abertas ata as 22:00 horas do mércores 4 de outubro na EXTRANET da RFEA. Recollida de dorsais e confirmación de participación en Secretaría de Competición ata 45' antes do inicio da proba na que os atletas se atopen inscritos.

Unha vez reicibidas todas as inscricións poderá efectuarse unha recitificación do horario de competición, que será publicitado nesta páxina.

[ENLACE] información relativa a proba publicada na web de deportes da Excma. Deputación Provincial de Ourense.