Criterium Galego de Probas Combinadas
Escrito por FGA Ourensemay 24
Disputouse nas pistas "Josefina Salgado" no complexo polideportivo de monterrei o Criterium Galego de Probas Combinadas en dúas xornadas de sabado Tarde e Domingo Mañá.
No exathlon categoría cadete a atleta Aitana Leguiçano do Ourense Atletismo A.P. venceu cun total de 2377 puntos.
No exathlon categoría xuvenil primeira posición para a atleta Alicia Merino do Club San Fernando Lucus cun total de 3280 puntos.
No heptathlon venceu a atleta Iria Abelleira do Ourense Atletismo A.P. cun total de 3785 puntos.
CATEGORIA MASCULINA
No heptathlon categoría cadete resultou vencedor o atleta do Clube San Fernando Lucus Pablo Modia cun total de 3024 puntos.
No octathlon categoría xuvenil primeira posición para Antonio Molina do Clube Polideportivo Casas cunha puntuación final de 4390 puntos.
No Decathlon acadou a primeira posición o atleta da Sociedade Ximnastica de Pontevedra Santiago Ferrer que conqueriría unha puntuación final de 5908 puntos.


Por favor deja un comentario