1ª Carreira Popular Torre de O Castro – Sandiás
Escrito por FGA Ourensemay 24
O próximo domingo día 30 de maio, disputarase a 1ª Edicción da Carreira Popular Torre Do Castro no Concello de Sandiás. Estará organizada polo Concello de Sandiás e o Clube Limiactiva e contará co control do Comité Provincial de Xuices e Cronometradores da Delegación en Ourense da Federación Galega de Atletismo.
Disputaranse 3 carreiras, as 11'00 horas celebrarase a carreira escolar, engloba as categorías benxamín, alevín, infantil e cadete e percorreran aproximadamente 2 kilometros.
As 11'30 horas principiará a proba absoluta, que englobará as categorías dende xuvenil ata veteráns e completarán un percorrido aproximado de 7'9 kilometros.
As 12'40 horas terá lugar a proba de pitufos, atletas nenos e nenas nados no ano 2003 e posteriores que percorrerán 350 metros.
As inscripcións están abertas dende o 15 de maio ata as 20'00 horas do venrres 28 de maio. Non se admitirán inscripcións o día da proba. Podendose inscribir nos seguintes lugares:
- Na web www.limiactiva.com
- No correo electrónico limiactiva@gmail.com.
- No fax 988446048 (Concello de Sandiás).
- Presenciais no Concello de Sandiás e na Tenda Intersport Bouxo da rúa Curros Enrriquez de Ourense.
As inscripcións para as categorías da cativos e escolar son gratuitas.
Para inscribirse na categoría absoluta deberase abonar 3€, podendo facerse das seguintes maneiras:
- Pago in situ Na Casa do Concello de Sandiás e na Tenda Intersport Bouso (Rúa Curros Enrriquez nº 5 – Ourense).
- Ingreso ou Trasferencia o nº de conta de Caixa Galicia 2091 0410 59 3000081161, facendo constar o nome e apelidos de quen realiza o ingreso.
Non se completará a inscripción ata formalizar e comprobar o pago.
Información da proba na web www.limiactiva.com e no teléfono 665 936 887
[CARTEL]
Por favor deja un comentario