Avance RESULTADOS

Publícase o listado de inscritos nos campionatos.

Inscritos (DEFINITIVO)

Os atletas en letra vermella acompañados de “LE” atópanse en Lista de Espera.

Os atletas co fondo vermello atópanse en situación antiregulamentaria, debendo regularizar a súa situación á maior brevidade enviando un email a fgatletismopontevedra@gmail.com

Resultados XLI Trofeo Sociedad Gimnástica

RESULTADOS SGP 110516

XLI Trofeo Sociedad Gimnástica

O próximo mércores 11 de maio disputarase no CGTD de Pontevedra o XLI Trofeo Sociedad Gimnástica – 1ª Xornada XXIX Supermercados Froiz. A competición levarase a cabo en xornada de tarde, comezando as 19:00 h e tendo a súa última proba ás 21:35 h.

Horario e Regulamento

Inscritos

O próximo sábado 21 de maio celebraranse no CGTD de Pontevedra o Campionato Provincial Benxamín de atletismo en pista e o Cto. Provincial Alevín de probas combinadas. Asemade, celebrarase o Cto. Provincial Benxamín de Relevos, no cal cada entidade poderá disputar o título con un único equipo, poidendo ademáis participar fora de concurso con un segundo equipo.

Horario e Regulamento (MODIFICADO)

Amplíase o prazo de inscrición ata as 20:00 horas do martes 17 de maio.

Os relevos computarán como unha proba máis.

Ránkings:    FemininoMasculino

IMPORTANTE: É de vital importancia que, unha vez publicados os inscritos, aqueles atletas que teñan ou queiran renunciar a algunha proba o fagan á maior brevidade, para que poida así participar o seguinte atleta no seu lugar. Ditos avisos deberán efectuarse a fgatletismopontevedra@gmail.com e irase actualizando o listado de participantes na web facendo constar data e hora da última actualización.

RESULTADOS

Publícase o listado de inscritos no campionato.

Inscritos (actualizado ás 22:20h do venres 6)

Os atletas en letra vermella acompañados de:

  • “LE” atópanse en Lista de Espera.
  • “RE” atópanse Rechazados.

Os atletas co fondo vermello atópanse en situación antiregulamentaria, debendo regularizar a súa situación á maior brevidade enviando un email a fgatletismopontevedra@gmail.com

O próximo sábado 7 de maio celebrarase no CGTD de Pontevedra o Campionato Provincial Infantil de atletismo en pista. Disputadas as correspondentes xornadas calificatorias, daránse cita esta vez os 16 mellores de cada proba. Asemade, celebrarase o Cto. Provincial Infantil de Relevos, no cal cada entidade poderá disputar o título con un único equipo, poidendo ademáis participar fora de concurso con máis equipos.

Horario e Regulamento

Ránkings:    FemininoMasculino (correxidos)

IMPORTANTE: Publicarase o listado de inscritos o xoves pola noite, sendo de vital importancia que aqueles atletas que teñan ou queiran renunciar a algunha proba o fagan á maior brevidade para que poida participar o seguinte atleta no seu lugar. Ditos avisos deberán efectuarse a fgatletismopontevedra@gmail.com e irase actualizando o listado de participantes na web durante o longo do venres, facendo constar a hora da última actualización.

Escolar Benxamín – Alevín en Pista

O próximo sábado 30 de abril celebrarase no CGTD de Pontevedra a derradeira xornada benxamín – alevín  do programa Xogade de atletismo en pista, calificatoria para o cto. provincial. A xornada dará comezo as 9:50 e estímase o seu fin preto das 13:45.

Incluiranse nesta xornada as probas de triplo e  lonxitude para a categoría infantil, por mor da suspensión de ditas probas nas xornadas previas a causa da impractibilidade dos fosos por choiva. Só poderán participar nestas probas aqueles atletas que estivesen inscritos nas xornadas suspendidas.

Horario y regulamento

Inscritos (á espera de correccións dalgúns clubs)

Resultados en directo

Para consultar los resultados del campeonato gallego de combinadas por clubs:

http://www.fgatletismo.es/resultados/pontevedra/20161604 Combinada por equipos//

Para consultar los resultados del campeonato gallego de combinadas veteranos:

http://www.fgatletismo.es/resultados/pontevedra/20161604 Combinada Veterana//

Probas do vindeiro fin de semana

O vindeiro fin de semana levaranse a cabo nas instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva tres competicións, facendo de Pontevedra un dos puntos de maior interese atlético neses días.

Levantará o telón o sábado en xornada de mañá a segunda xornada Escolar Infantil en Pista, derradeira oportunidade na zona norte da provincia para acadar a calificación para o campionato provincial infantil.

Horario e Normativa
(infórmase que permitirase a participación de máis de 6 atletas por entidade nas probas de saltos horizontais por ter sido éstes suspendidos na xornada anterior)

 

Xa en xornada de tarde comenzarán o Cto de Galicia de Clubs de Probas Combinadas e o Cto de Galicia de Veteráns de Probas Combinadas, a desenvolver ó largo de toda a tarde do sábado así coma o domingo en xornada de mañá, no que coñecerase o seu termo ós mellores clubs de Galicia en probas combinadas e ós veteráns máis completos. Asemade, haberá que ter moi en conta as actuacións individuais dos atletas, pois de Pontevedra sairán as listas dos atletas que representarán a Galicia no “Cto. de España de Federaciones de Pruebas Combinadas”.

Circular e Horario (modificado a xoves 14)
Inscritos Cto Clubs
Inscritos Cto Veteráns

 

Por último, e non de menor importancia, celebrarase o sábado, paralelamente ás combinadas, un Control de marcas de 100 e 300 metros de categoría absoluta.

Horario (modificado)
Inscritos

Xogade Benxamín – Alevín en Pista

O próximo sábado 19 de marzo celebrarase no CGTD de Pontevedra a primeira xornada benxamín – alevín  do programa Xogade de atletismo en pista, calificatoria para o cto. provincial. A xornada dará comezo as 10:00 e estímase o seu fin preto das 13:45.

Horario

Inscritos (pregamos comuniquen calqueira baixa, de habela, o antes posible)