Archivo para la categoría ‘ Xeral

Xogade Benxamín – Alevín

 Na mañá do domingo 30 de abril daranse cita no CGTD de Pontevedra  preto de 300 nenos e nenas para participar na derradeira xornada benxamín-alevín do programa Xogade de atletismo en pista, calificatoria para o Cto. Provincial. A xornada dará comezo as 10:00 e estímase o seu fin preto das 14:00

Horario e Regulamento

 

Xogade Infantil en Pista

 Na mañá do sábado 22 de abril celebrarase no CGTD a derradeira xornada infantil do programa Xogade de atletismo en pista en Pontevedra, calificatoria para o cto. provincial. A xornada dará comezo as 10:00 e estímase o seu fin preto das 13:50.

Horario e Regulamento


 A Delegación da FGA en Pontevedra e o Club Atletismo Rías Baixas organizan no CGTD, co patrocinio de Deporte Pontevedra:

III Xornada do Circuíto de Atletismo en Pista de Pontevedra

o 12 de abril do 2017.

Horario e Regulamento

a

Lista de Admitid@s (actualizada)

Estanse a disputar o Campionato de Galicia de Clubes de Probas Combinadas e o Campionato de Galicia de Veteráns de Probas Combinadas no CGTD de Pontevedra.

Circular
Novo Horario

Resultados Finales

Sumarios

Rematada a competición a clasificación de clubes é a que segue:

Xogade Benxamín – Alevín

 Na mañá do domingo 2 de abril daranse cita no CGTD de Pontevedra  preto de 300 nenos e nenas para participar na segunda xornada benxamín-alevín do programa Xogade de atletismo en pista, primeira da zona norte da provincia e calificatoria para o Cto. Provincial. A xornada dará comezo as 10:00 e estímase o seu fin preto das 13:30.

Horario e Regulamento

Xogade Infantil en Pista

 Mañá sábado 25 de marzo celebrarase no CGTD de Pontevedra a primeira xornada infantil do programa Xogade de atletismo en pista, calificatoria para o cto. provincial. A xornada dará comezo as 10:00 e estímase o seu fin preto das 13:45.

Horario e Regulamento

 A Delegación da FGA en Pontevedra e o Club Atletismo Rías Baixas organizan no CGTD, co patrocinio de Deporte Pontevedra:

II Xornada do Circuíto de Atletismo en Pista de Pontevedra

o 25 de febreiro do 2017.

Novo Horario e Regulamento

Cadencia da Altura: 1.35 e de 4 en 4 cm.

As listas de saída son provisionais, pois poderán sufrir cambios en función das posibles baixas que se presenten o día da competición.

Indicar que nos 150m se confeccionaron as series en base ás marcas dos participantes nos 100m na tempada pasada, tendo en conta nalgún caso o 200m, mentras que nos 1000m confeccionáronse en base ás marcas en 800m e o propio 1000m. Rogamos comprensión en caso de algún posible erro, pois son moitos os atletas participantes e moitas as marcas que houbo que buscar.

 O vindeiro domingo celebraráse nas pistas de atletismo de Vilagarcía o II Trofeo Atletismo Mazí – Cidade de Vilagarcía, organizado pola Agrupación Atlética Mazí. Será unha xornada para benxamíns, alevíns e infantís, na que será a derradeira tentativa para eles de acadar boas marcas que lles permitan participar o 18 de marzo no Campionato Galego en A Coruña.

Horario e Regulamento

 

O sábado 25 de febreiro celebrarase no CGTD de Pontevedra o Campionato de Galicia Absoluto de Lanzamentos Longos que dará cita ós mellores lanzadores e lanzadoras galegas que tentarán dar o mellor de sí para alzarse cos títulos de campións autonómicos.

Será tamén a derradeira tentativa de acadar rexistros que os sitúen entre as 10 primeiras posicións do ránking nacional, o que suporía o billete para o Cto. de España a desputarse en Montijo o próximo 4 de marzo.

Novo Horario e Regulamento

No vindeiro fin de semana levaránse a cabo no CGTD de Pontevedra 3 competicións que farán da cidade de Pontevedra o epicentro do atletismo galego.

*Rógase @s atletas que causen baixa que o comuniquedes á maior brevidade no correo fgatletismopontevedra@gmail.com*

Pasarán ás finais do 60 ml os 16 mellores tempos na ronda previa.