Archivo para la categoría ‘ Marcha

 A Delegación da FGA en Pontevedra e o Club Atletismo Rías Baixas organizan no CGTD, co patrocinio de Deporte Pontevedra:

VI Xornada do Circuíto de Atletismo en Pista de Pontevedra

o 27 de xullo do 2017.

.



Novo Horario e Regulamento


Lista de Admitid@s

(actualizada ás 03:25 do xoves)


Clasificación Provisional do Circuíto

Campionato de Galicia Absoluto


Circular


Novo Horario



.

 

Campionato de Galicia Junior e Promesa

Este fin de semana o CGTD de Pontevedra acollerá nas súas instalacións o Campionato de Galicia Junior e Promesa, no que os participantes darán o mellor de si para tratar de acadar o título autonómico en cada unha das probas, tratando así mesmo de mellorar os seus rexistros personais e acadar as mínimas para participar nos seus respectivos campionatos nacionais.

Regulamento

Novo Horario

 O vindeiro sábado 6 de maio o CGTD de Pontevedra acollerá ós mellores nenos e nenas da provincia de Pontevedra que daranse cita, a partir das 10:00, no Cto. Provincial Benxamín e o Cto. Provincial Alevín de Probas Combinadas.



Horario e Regulamento

Ránkings


ADMITIDOS
(Actualizado ás 16:24 do Venres)

Admitidos: en amarelo

Novos admitidos: en verde

Rogamos que, se algún atleta causa baixa, o comuniquedes enviando un correo a fgatletismopontevedra@gmail.com

 
Lembrade que só poderá participar un equipo de remudas por entidade e sexo.

 

Próximas competicións

O vindeiro sábado 12 disputaranse na cidade de Pontevedra as dúas primeiras competicións da nova tempada 2016/17.

I Trofeo de Marcha da Deputación de Pontevedra

Na xornada matinal levarase a cabo nas instalacións do CGTD  o “I Trofeo de Marcha da Deputación de Pontevedra”, que será ademáis a primeira xornada do Circuíto Galego de Marcha Atlética Josefina Romero. Daránse cita  dende as 10:30 máis dun centenar de atletas coa clara intención de preparar o Cto. de Galicia que se celebrará a finais de mes.

Horario e Regulamento

Lista de Inscritos

.

III Milla Solidaria Anedia

 Na xornada de tarde, na Avenida de Montero Ríos, celebrarase a xa tradicional Milla Solidaria Anedia, que vai xa pola súa terceira edición e que conta con 590 inscricións, sen dúbida unha cifra de participantes moi importante para tratarse de unha milla. As probas comenzarán ás 16:30, estando prevista a entrega de premios ás 18:30.

Horario e Regulamento

Lista de Inscritos

IX Criterium de marcha Vila de Cuntis

Onte, Día das Letras Galegas, celebrouse na poboación pontevedresa de Cuntis o IX Criterium de marcha enmarcado na II Xornada do Circuito Galego de Marcha Josefina Romero.

O bo tempo acompañou e foron numerosos os atletas que participaron nesta tradicional proba que este ano adelantouse o mes de maio.

Os vencedores absolutos foron os pontevedreses Eva Mª Iglesias González do Atletismo Bidezabal e Francisco Durán Acuña do Ourense Atletismo Academia Postal cuns tempos de 48:12 e 47:04 respectivamente.

Resultados Criterium Marcha

Logo Deporte Galego

Boas novas para o atletismo local

Boas novas nos chegan dende a cidade checa de Podebrady onde hoxe disputábase un encontro Internacional entre as seleccións de Suiza, Italia, Bielorusia, Lituania, Eslovaquia, España e, naturalmente, a República Checa. E sorprendendo a propios e estranos, a debutante coa selección española absoluta, a pontevedresa Eva María Iglesias González gañou os 20 km da categoría femenina por diante da italiana Anna Eleonora Giorgi e da andaluza Ainhoa Pinedo González.

Non contenta con gañar, a marchadora pontevedresa deixou o crono nun tempo de 1:34.28 sendo mellor marca personal.

Dende  a Delegación de Pontevedra, dámoslle a noraboa a esta grandísima marchadora e esperamos que non sexa a última boa nova deste ano, xa que incluso pode ser seleccionada para a Copa de Europa de Marcha(Olhao).

¡¡¡Parabéns!!!

Resultados Encuentro Internacional de marcha

Campionato Galego de Marcha en ruta.

Este domingo día 13 de febreiro se disputará polas rúas da cidade capitalina o Campionato Galego de Marcha en ruta.

A proba, organizada pola Federación Galega de Atletismo en Pontevedra e a Escola Galega de Marcha co patrocinio da Xunta de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, do Concello de Pontevedra,  do Instituo Municipal de Deportes e Coca-Cola, dará comezo as 11:00 horas coa categoría alevín que percorrerán unha distancia de 3 kilómetros dando tres voltas e estreando o novo circuito pontevedrés que finalizará coa categoría absoluta as 12:30 horas.

O circuito, de ida e volta, comezará e finalizará na Gran Vía Montero Ríos enfronte do Pazo da Deputación de Pontevedra. Os atletas sairán en dirección a recién remodelada Praza de España atravesando a Rúa Michelena para chegar ata a Igrexa da Peregrina, donde darán volta na praza para volver sobre os seus pasos.

O corazón da cidade de Pontevedra encherase de marchadores e esperemos que o bo tempo e os espectadores nos acompañen o domingo.

Tríptico

Logo Deporte GalegoIMD Pontevedra

O vindeiro día 23 de xaneiro nas Pistas de Atletismo de Fontecarmoa en Vilagarcía de Arousa terá lugar a primeira proba do I Circuito de marcha Josefina Romero.

O I Circuito de marcha Josefina Romero, patrocinado pola Deputación de Pontevedra, pretende fomentar a participación nesta disciplina atlética en todalas idades, dando un trato especial as categorías inferiores.

Máis información no seguinte link http://www.atletismogalego.org/CIRCULARES/Circular%2086-2010.pdf

Inscritos Circuito de marcha Josefina Romero

Resultados