Archivo para la categoría ‘ Probas Combinadas

Estanse a disputar o Campionato de Galicia de Clubes de Probas Combinadas e o Campionato de Galicia de Veteráns de Probas Combinadas no CGTD de Pontevedra.

Circular
Novo Horario

Resultados Finales

Sumarios

Rematada a competición a clasificación de clubes é a que segue:

Avance RESULTADOS

Publícase o listado de inscritos nos campionatos.

Inscritos (DEFINITIVO)

Os atletas en letra vermella acompañados de “LE” atópanse en Lista de Espera.

Os atletas co fondo vermello atópanse en situación antiregulamentaria, debendo regularizar a súa situación á maior brevidade enviando un email a fgatletismopontevedra@gmail.com

O próximo sábado 21 de maio celebraranse no CGTD de Pontevedra o Campionato Provincial Benxamín de atletismo en pista e o Cto. Provincial Alevín de probas combinadas. Asemade, celebrarase o Cto. Provincial Benxamín de Relevos, no cal cada entidade poderá disputar o título con un único equipo, poidendo ademáis participar fora de concurso con un segundo equipo.

Horario e Regulamento (MODIFICADO)

Amplíase o prazo de inscrición ata as 20:00 horas do martes 17 de maio.

Os relevos computarán como unha proba máis.

Ránkings:    Feminino –  Masculino

IMPORTANTE: É de vital importancia que, unha vez publicados os inscritos, aqueles atletas que teñan ou queiran renunciar a algunha proba o fagan á maior brevidade, para que poida así participar o seguinte atleta no seu lugar. Ditos avisos deberán efectuarse a fgatletismopontevedra@gmail.com e irase actualizando o listado de participantes na web facendo constar data e hora da última actualización.

O próximo sábado 16 de maio, en xornada matinal, celebraranse no Complexo Deportivo Municipal de Fontecarmoa (Vilagarcía) o Campionato Provincial Alevín e o Campionato Provincial Infantil Tetrathlon.

Novo Horario

Listado Provisional (actualizado ás 14:15 do venres 15)

Un total de 10 clubes realizaron incorrectamente algunhas inscricións, poñendo marcas non realizadas nas fases previas. Por dito motivo modificáronse as marcas de inscrición dos atletas mal inscritos, poñendo as súas millores marcas efectuadas nas fases previas. Prégase a todos que en vindeiras ocasións fagan as inscricións acorde coa normativa.

Asemade, lémbrase que só poderán participar nas probas de relevos un equipo por entidade e sexo.

Os días 18 e 19 de abril celebrarase no Complexo Deportivo Municipal de Fontecarmoa (Vilagarcía) a primeira edición do Campionato de Galicia de Clubes de Probas Combinadas o aire libre e o Campionato de Galicia Cadete de Probas Combinadas. Reuniranse en Vilagarcía os mellores especialistas da nosa comunidade, co afán de mellorar as súas marcas e de lograr as mínimas para os seus campionatos nacionais, así como de lograr os títulos de campión de Galicia cadete e de clubes en categoría feminina e masculina.

Circular

Nota: Á par das Probas Combinadas celebrarase na xornada do sábado 18 un control de Lanzamento de Martelo de 4kg feminino ás 16:00.

Este sábado nas pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva remata a temporada pontevedresa de categorías menores coa disputa do Provincial Infantil-Alevín de Probas Combinadas. Os máis pequenos poderán participar en catro pobras (infantís) e tres probas (alevíns) nunha mesma xornada.

Ademáis do Campionato Provincial incluirase neste horario carreiras de categoría cadete.

Horario Provincial Probas Combinadas

Inscripción Campionato Provincial Probas Combinadas

Deporte Galego

¡¡¡Fin de semana atlético!!!

Os próximos días 29 e 30 de xaneiro as pistas de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva albergarán de novo o Campionato Galego Cadete/Xuvenil de probas combinas, o Campionato Galego de Pentatlon veterán e o Criterium Galego de probas combinadas junior, promesa e absoluto.

O sábado comenzarán as 16:30 horas as categorías masculinas cadetes, xuvenís, junior, promesa e absoluta con 60 m.l. e o domingo uniranse os atletas de categoría veterán e as mulleres, comenzando cos 60 metros valados.

Así mesmo o sábado pola tarde, xunto coas probas combinadas, a Sociedad Gimnástica de Pontevedra organiza a I Xornada do XXIV Trofeo Supermercados Froiz.

Resultados 1ª xornada Probas Combinadas

Resultados 2ª xornada Probas Combinadas

Circular 90/2010. Criterium probas combinadas. Campionato Galego Cad/Xuv. Campionato Galego de Pentatlon.

Horario Probas Combinadas

Inscritos Probas Combinadas

Regulamento Trofeo Froiz Modificado

Logo Deporte GalegoIMD Pontevedra