Archivo para la categoría ‘ Ruta

XXII Medio Maratón de Pontevedra 2017

 O vindeiro domingo celebrarase o Medio Maratón de Pontevedra 2017, na que será a súa XXII edición e que contará, un ano máis, con máis de 1000 atletas correndo pola cidade de Pontevedra.

A proba transcurrirá, novamente, por circuito homologado, con saída na Ponte dos Tirantes e chegada no CGTD.

Poden inscribirse ate o martes 17 premendo na seguinte ligazón: Inscricións

Regulamento

XX Milla Urbana San Miguel de Marín

 O vindeiro sábado, na Avenida de Marín, celebrarase a xa tradicional Milla Urbana San Miguel de Marín, na que será a súa XX edición e que transcurrirá por circuito homologado. Asemade, levaranse acabo probas máis curtas para nenos e nenas así coma un 5.000 popular.

Poden inscribirse ate o xoves 28 premendo na seguinte ligazón: CarreirasGalegas

Regulamento

RESULTADOS

 No día de hoxe, na Avenida de Marín, celebrarase a +10 Marín – Manuel Rosales con circuito de recente homologación do que disfrutarán máis de 700 corredores.

Próximas competicións

O vindeiro sábado 12 disputaranse na cidade de Pontevedra as dúas primeiras competicións da nova tempada 2016/17.

I Trofeo de Marcha da Deputación de Pontevedra

Na xornada matinal levarase a cabo nas instalacións do CGTD  o “I Trofeo de Marcha da Deputación de Pontevedra”, que será ademáis a primeira xornada do Circuíto Galego de Marcha Atlética Josefina Romero. Daránse cita  dende as 10:30 máis dun centenar de atletas coa clara intención de preparar o Cto. de Galicia que se celebrará a finais de mes.

Horario e Regulamento

Lista de Inscritos

.

III Milla Solidaria Anedia

 Na xornada de tarde, na Avenida de Montero Ríos, celebrarase a xa tradicional Milla Solidaria Anedia, que vai xa pola súa terceira edición e que conta con 590 inscricións, sen dúbida unha cifra de participantes moi importante para tratarse de unha milla. As probas comenzarán ás 16:30, estando prevista a entrega de premios ás 18:30.

Horario e Regulamento

Lista de Inscritos

 O Concello de Vilagarcía, a través da Fundación de Deportes, organiza o próximo sábado 23 de xullo a XIII edición da Carreira Nocturna, proba que, coma o seu nome indica, transcorre polas rúas de Vilagarcía xa entrada a noite.

Poderán participar persoas de tódalas idades, comenzando ás 21:00 coa proba dos máis cativos e estando prevista para as 22:30 a carreira absoluta de 10km.

 

MÁIS INFORMACIÓN


IX Criterium de marcha Vila de Cuntis

Onte, Día das Letras Galegas, celebrouse na poboación pontevedresa de Cuntis o IX Criterium de marcha enmarcado na II Xornada do Circuito Galego de Marcha Josefina Romero.

O bo tempo acompañou e foron numerosos os atletas que participaron nesta tradicional proba que este ano adelantouse o mes de maio.

Os vencedores absolutos foron os pontevedreses Eva Mª Iglesias González do Atletismo Bidezabal e Francisco Durán Acuña do Ourense Atletismo Academia Postal cuns tempos de 48:12 e 47:04 respectivamente.

Resultados Criterium Marcha

Logo Deporte Galego

Campionato Galego de Marcha en ruta.

Este domingo día 13 de febreiro se disputará polas rúas da cidade capitalina o Campionato Galego de Marcha en ruta.

A proba, organizada pola Federación Galega de Atletismo en Pontevedra e a Escola Galega de Marcha co patrocinio da Xunta de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, do Concello de Pontevedra,  do Instituo Municipal de Deportes e Coca-Cola, dará comezo as 11:00 horas coa categoría alevín que percorrerán unha distancia de 3 kilómetros dando tres voltas e estreando o novo circuito pontevedrés que finalizará coa categoría absoluta as 12:30 horas.

O circuito, de ida e volta, comezará e finalizará na Gran Vía Montero Ríos enfronte do Pazo da Deputación de Pontevedra. Os atletas sairán en dirección a recién remodelada Praza de España atravesando a Rúa Michelena para chegar ata a Igrexa da Peregrina, donde darán volta na praza para volver sobre os seus pasos.

O corazón da cidade de Pontevedra encherase de marchadores e esperemos que o bo tempo e os espectadores nos acompañen o domingo.

Tríptico

Logo Deporte GalegoIMD Pontevedra