Archivo para la categoría ‘ Nacional

A Sociedad Gimnástica de Pontevedra (SGP) conseguíu onte en Alacante o seu pase a loita polo título do Campionato de España de Clubes tras quedar segundo, tra-lo anfitrión Puerto de Alicante e vencer a Real Sociedad de San Sebastián e o Cueva de Nerja.

O equipo pontevedrés confírmase desta maneira como o clube referencia de Galicia máis aló das nosas fronteiras.

Parabéns para tódolos membros da familia gimnástica, tanto a sua directiva, como os seus adestradores e sobre todo os seus atletas que foron os que sudaron para conseguir este meritorio segundo posto.

Resultados Campionato de España de Clubes

Máis información

Pontevedra na élite do atletismo

Hoxe en Pontevedra viviuse unha xornada de atletismo de nivel internacional onde tanto en homes como en mulleres conseguironse as mellores marcas do ano en 10000 metros.

Ranking IAAF 10000 metros mulleres

Ranking IAAF 10000 metros homes

A keniana Vivian Cheriuyot compliu coa súa orla de favorita gañando a proba femenina, inda que Jessica Augusto poido dar a sorpresa, pero tivo que retirarse por problemas físicos cando encabezaba a proba. O tempo da gañadora foron uns sensacionais 31:07.02 mínima para o mundial de Daegu, mínima que tamén conseguiu a portuguesa Dulce Félix cun tempo de 31:33.42.

Con respecto as atletas nacionais a vencedora do Campionato de España de 10000 foi a a parar a Isabel Checa cuns discretos 32:48.76 moi lonxe da mínima B do mundial deste ano.

Pero a tarde inda nos iba a dar unha gran carreira masculina onde o veterán atleta portugués Rui Silva  (27:53.55) loitou pola victoria con keniano Vincent Rono (27:52.19) inda que tiveron que conformarse con opter a mínima B para o Campionato do mundo de Daegu.

O primeiro español en cruzar a meta foi Ricardo Serrano cun tempo de 28:42.91.

Destacar as grandes marcas de dous dos galegos que nos representaban. Erea Rodríguez baixou en máis dun minuto a marca coa que gañou o Campionato Galego. Fantásticos os seus 34:57.00. E non nos podemos olvidar do atleta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra Carlos Villamor que nunha carreira valente e apoiado polo público pontevedrés que abarrotaba as gradas, conseguiu baixar dos 30 minutos cunha marca de 29:52.54.

Só tivo un pero, o Trofeo Ibérico viaxou ata terras lusas tanto en categoría femenina como na masculina, o ano que ven haberá que devolverlla en terras portuguesas.

Resultados Campionato de España de 10000 Mulleres

Resultados Campionato de España de 10000 Homes

Resultados Trofeo Ibérico 10000 mulleres

Resultados Trofeo Ibérico 10000 homes

 

Novas do Campeonato de España de 10000

Hoxe publicou a Real Federación Española de Atletismo os inscritos nas dúas carreiras que este sábado se disputarán nas instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

Malas novas na categoría masculina, xa que nin Chema Martínez nin Ayad Lamdassem disputarán finalmente a carreira masculina onde Daniel Sanz e Ricardo Serrano se disputarán cos portugueses José Rocha e os irmáns Tiago e Nuno Costas, sen olvidarnos do veterán Rui Silva, o primeiro lugar da carreira.

Pero non todo iba a ser malas novas, xa que na categoría femenina poderemos disfrutar da actual campiona do mundo de campo a través, a keniata Vivian Jepkemoi Cheruiyot e a súa compatriota Grace Momanyi onde a portuguesa Jessica Augusto pode dar a sorpresa.

Con respecto a representación galega contaremos con Erea Rodríguez e Vanessa Veiga en categoría femenina e co Gimnástico Carlos Villamor na masculina. Desexamoslle a mellor da sorte a todos e que sexa un aliciente o correr na casa.

Xa temos cartel!!!

Aquí temos o cartel para o Campeonato de España de 10000 ml en pista – Trofeo Ibérico, onde se decidirán os campións nacionais e a mellor selección de dez mil da península ibérica.

Cpto. de España de 10.000 - Pontevedra 2011Antes do campionato, e como teloneiros de excepción, os máis pequenos terán o seu momento de demostrar a sua valía no fondo, xa que programouse unha serie de miles dende as categorías benxamín ata a cadete a partires da 18:00 horas.

Os dous máximos favoritos para a cita pontevedresa son Chema Martínez, vencedor da primeira carreira do circuito Divina Pastora de 10 km, e Ayad Ladmassen actual campión de España de campo a través que xunto cos atletas portugueses invitados darán un bo espectáculo.

Os invitamos a todos a acudir e participar deste evento e que coma sempre o tempo acompañe.

Horario Campeonato de España de 10000 ml

O tempo en Pontevedra

Onte faciase oficial mediante a Circular 041/2011 da RFEA a sede do Campeonato de España de 10.000. Trofeo Ibérico, que como se rumoreaba, será en Pontevedra.

As pistas de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva acollerán o día 2 de abril ós mellores fondistas ibéricos onde sen dúbida haberá algún galego.

Reunión Nacional Trofeo Xunta de Galicia

O vindeiro día 10 de abril celebrarase en Pontevedra a I Reunión Nacional Trofeo Xunta de Galicia incluindo o Campionato Galego de 10000 metros e os Criteriums Galegos de lanzamentos e saltos.

Esperemos que o tempo acompañe e a competición se desenvolva da mellor manera posible.

Tendes máis información na páxina web da FGA e no seguinte link http://www.atletismogalego.org/CIRCULARES/Circular%2033-2010.pdf

Inscritos de la Reunión Nacional Trofeo Xunta de Galicia