Archivo para la categoría ‘ Autonómica

Campionato de Galicia Junior e Promesa

Este fin de semana o CGTD de Pontevedra acollerá nas súas instalacións o Campionato de Galicia Junior e Promesa, no que os participantes darán o mellor de si para tratar de acadar o título autonómico en cada unha das probas, tratando así mesmo de mellorar os seus rexistros personais e acadar as mínimas para participar nos seus respectivos campionatos nacionais.

Regulamento

Novo Horario

XLIV Trofeo Boa Vila – XXX Trofeo Froiz

 Mañá mércores 14 de xuño a Sociedad Gimnástica de Pontevedra organiza no CGTD de Pontevedra o Trofeo Boa Vila, na que será a súa XLIV edición. Así mesmo, dita proba será tamén o XXX Trofeo Froiz.  A xornada dará comezo as 18:30 e estímase o seu fin preto das 21:30, momento no que se fará entrega dos trofeos á mellor marca masculina e feminina por táboa IAAF.

NOVO Horario e Regulamento

 A Delegación da FGA en Pontevedra e o Club Atletismo Rías Baixas organizan no CGTD, co patrocinio de Deporte Pontevedra:

IV Xornada do Circuíto de Atletismo en Pista de Pontevedra

o 31 de maio do 2017.

.


Horario e Regulamento (MODIFICADO)


Lista de Admitid@s

.
Este fin de semana o CGTD de Pontevedra acollerá de novo nas súas instalacións ós atletas galegos máis completos para a disputa do Campionato de Galicia de Probas Combinadas. A competición celebrarase como é habitual en dúas xornadas, sendo a primeira de elas o sábado pola tarde e a segunda o domingo pola mañá

Horario e Regulamento

Admitidos

VIII Torneo de Lanzamientos

Mañá domingo 14 de maio o CGTD de Pontevedra acollerá nas súas instalacións o VIII Torneo de Lanzamientos organizado polo Club Atletismo Poio. O programa da competición terá no lanzamento de disco a súa primeira proba, ás 10:00, continuando co lanzamento de xavelina e rematando a xornada co lanzamento de martelo.

Xogade Benxamín – Alevín

 Na mañá do domingo 30 de abril daranse cita no CGTD de Pontevedra  preto de 300 nenos e nenas para participar na derradeira xornada benxamín-alevín do programa Xogade de atletismo en pista, calificatoria para o Cto. Provincial. A xornada dará comezo as 10:00 e estímase o seu fin preto das 14:00

Horario e Regulamento

 

Xogade Infantil en Pista

 Na mañá do sábado 22 de abril celebrarase no CGTD a derradeira xornada infantil do programa Xogade de atletismo en pista en Pontevedra, calificatoria para o cto. provincial. A xornada dará comezo as 10:00 e estímase o seu fin preto das 13:50.

Horario e Regulamento


 A Delegación da FGA en Pontevedra e o Club Atletismo Rías Baixas organizan no CGTD, co patrocinio de Deporte Pontevedra:

III Xornada do Circuíto de Atletismo en Pista de Pontevedra

o 12 de abril do 2017.

Horario e Regulamento

a

Lista de Admitid@s (actualizada)

Estanse a disputar o Campionato de Galicia de Clubes de Probas Combinadas e o Campionato de Galicia de Veteráns de Probas Combinadas no CGTD de Pontevedra.

Circular
Novo Horario

Resultados Finales

Sumarios

Rematada a competición a clasificación de clubes é a que segue:

 A Delegación da FGA en Pontevedra e o Club Atletismo Rías Baixas organizan no CGTD, co patrocinio de Deporte Pontevedra:

II Xornada do Circuíto de Atletismo en Pista de Pontevedra

o 25 de febreiro do 2017.

Novo Horario e Regulamento

Cadencia da Altura: 1.35 e de 4 en 4 cm.

As listas de saída son provisionais, pois poderán sufrir cambios en función das posibles baixas que se presenten o día da competición.

Indicar que nos 150m se confeccionaron as series en base ás marcas dos participantes nos 100m na tempada pasada, tendo en conta nalgún caso o 200m, mentras que nos 1000m confeccionáronse en base ás marcas en 800m e o propio 1000m. Rogamos comprensión en caso de algún posible erro, pois son moitos os atletas participantes e moitas as marcas que houbo que buscar.