Archivo para la categoría ‘ Resultados

O sábado 25 de febreiro celebrarase no CGTD de Pontevedra o Campionato de Galicia Absoluto de Lanzamentos Longos que dará cita ós mellores lanzadores e lanzadoras galegas que tentarán dar o mellor de sí para alzarse cos títulos de campións autonómicos.

Será tamén a derradeira tentativa de acadar rexistros que os sitúen entre as 10 primeiras posicións do ránking nacional, o que suporía o billete para o Cto. de España a desputarse en Montijo o próximo 4 de marzo.

Novo Horario e Regulamento

No vindeiro fin de semana levaránse a cabo no CGTD de Pontevedra 3 competicións que farán da cidade de Pontevedra o epicentro do atletismo galego.

*Rógase @s atletas que causen baixa que o comuniquedes á maior brevidade no correo fgatletismopontevedra@gmail.com*

Pasarán ás finais do 60 ml os 16 mellores tempos na ronda previa.

Resultados en Directo da Festa HQR

Resultados Federados             Resultados No Federados

festa-hqr_diario-de-pontevedra

Todo listo xa para a Festa HQR! Novo horario e regulamento revisadas as inscripcións con lixeiras modificacións de 5-10′ en algunhas probas:

Horario e regulamento (modificado)

Próximas competicións

O vindeiro sábado 12 disputaranse na cidade de Pontevedra as dúas primeiras competicións da nova tempada 2016/17.

I Trofeo de Marcha da Deputación de Pontevedra

Na xornada matinal levarase a cabo nas instalacións do CGTD  o “I Trofeo de Marcha da Deputación de Pontevedra”, que será ademáis a primeira xornada do Circuíto Galego de Marcha Atlética Josefina Romero. Daránse cita  dende as 10:30 máis dun centenar de atletas coa clara intención de preparar o Cto. de Galicia que se celebrará a finais de mes.

Horario e Regulamento

Lista de Inscritos

.

III Milla Solidaria Anedia

 Na xornada de tarde, na Avenida de Montero Ríos, celebrarase a xa tradicional Milla Solidaria Anedia, que vai xa pola súa terceira edición e que conta con 590 inscricións, sen dúbida unha cifra de participantes moi importante para tratarse de unha milla. As probas comenzarán ás 16:30, estando prevista a entrega de premios ás 18:30.

Horario e Regulamento

Lista de Inscritos

Campionato Galego de Veteráns

Hoxe celebrouse nas pistas de atletismo do CGTD o Campionato Galego de Veteráns que como é costume atrouxo a unha gran cantidade de atletas maiores de 35 anos.

A competición desenvolveuse se complicacións inda a gran participación dos atletas veteráns.

A xornada de mañán disputada baixo unha calor abofante trouxonos o record de Disco categoría M40 a cargo del pontevedrés Martín Brea cun lanzamento de 50,33 m.

Na xornada de tarde Emilia Mesa conseguíu batir no pimeiro lenzamento o seu propio record de España de xabalina situando a 34,72 m.

Enhoraboa a todos os participantes polo seu esforzo.

RESULTADOS GALEGO VETERANS

A Sociedad Gimnástica de Pontevedra (SGP) conseguíu onte en Alacante o seu pase a loita polo título do Campionato de España de Clubes tras quedar segundo, tra-lo anfitrión Puerto de Alicante e vencer a Real Sociedad de San Sebastián e o Cueva de Nerja.

O equipo pontevedrés confírmase desta maneira como o clube referencia de Galicia máis aló das nosas fronteiras.

Parabéns para tódolos membros da familia gimnástica, tanto a sua directiva, como os seus adestradores e sobre todo os seus atletas que foron os que sudaron para conseguir este meritorio segundo posto.

Resultados Campionato de España de Clubes

Máis información

IX Criterium de marcha Vila de Cuntis

Onte, Día das Letras Galegas, celebrouse na poboación pontevedresa de Cuntis o IX Criterium de marcha enmarcado na II Xornada do Circuito Galego de Marcha Josefina Romero.

O bo tempo acompañou e foron numerosos os atletas que participaron nesta tradicional proba que este ano adelantouse o mes de maio.

Os vencedores absolutos foron os pontevedreses Eva Mª Iglesias González do Atletismo Bidezabal e Francisco Durán Acuña do Ourense Atletismo Academia Postal cuns tempos de 48:12 e 47:04 respectivamente.

Resultados Criterium Marcha

Logo Deporte Galego

RESULTADOS PROVINCIAL BENXAMIN-ALEVIN

RESULTADOS PROVINCIAL PONTEVEDRA INFANTIL

Pontevedra na élite do atletismo

Hoxe en Pontevedra viviuse unha xornada de atletismo de nivel internacional onde tanto en homes como en mulleres conseguironse as mellores marcas do ano en 10000 metros.

Ranking IAAF 10000 metros mulleres

Ranking IAAF 10000 metros homes

A keniana Vivian Cheriuyot compliu coa súa orla de favorita gañando a proba femenina, inda que Jessica Augusto poido dar a sorpresa, pero tivo que retirarse por problemas físicos cando encabezaba a proba. O tempo da gañadora foron uns sensacionais 31:07.02 mínima para o mundial de Daegu, mínima que tamén conseguiu a portuguesa Dulce Félix cun tempo de 31:33.42.

Con respecto as atletas nacionais a vencedora do Campionato de España de 10000 foi a a parar a Isabel Checa cuns discretos 32:48.76 moi lonxe da mínima B do mundial deste ano.

Pero a tarde inda nos iba a dar unha gran carreira masculina onde o veterán atleta portugués Rui Silva  (27:53.55) loitou pola victoria con keniano Vincent Rono (27:52.19) inda que tiveron que conformarse con opter a mínima B para o Campionato do mundo de Daegu.

O primeiro español en cruzar a meta foi Ricardo Serrano cun tempo de 28:42.91.

Destacar as grandes marcas de dous dos galegos que nos representaban. Erea Rodríguez baixou en máis dun minuto a marca coa que gañou o Campionato Galego. Fantásticos os seus 34:57.00. E non nos podemos olvidar do atleta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra Carlos Villamor que nunha carreira valente e apoiado polo público pontevedrés que abarrotaba as gradas, conseguiu baixar dos 30 minutos cunha marca de 29:52.54.

Só tivo un pero, o Trofeo Ibérico viaxou ata terras lusas tanto en categoría femenina como na masculina, o ano que ven haberá que devolverlla en terras portuguesas.

Resultados Campionato de España de 10000 Mulleres

Resultados Campionato de España de 10000 Homes

Resultados Trofeo Ibérico 10000 mulleres

Resultados Trofeo Ibérico 10000 homes

 

O XOGADE volve a Pontevedra

O próximo día 26 de febreiro disputarase en Pontevedra o Segundo Zonal en Idade Escolar que patrocina a Xunta de Galicia a través do Programa Xogade. Nesta xornada tocaralle o turno os atletas infantís nas probas individuais e os atletas alevíns nas combinadas.

Agardamos unha gran participación e que como sempre o tempo acompañe.

Resultados 2º Zonal Deporte en idade escolar

Horario 2ª Xornada Deporte Escolar Pontevedra

Inscritos 2º Zonal Deporte en Idade Escolar

Logo Deporte Galego