Archivo para la categoría ‘ Internacional

Boas novas para o atletismo local

Boas novas nos chegan dende a cidade checa de Podebrady onde hoxe disputábase un encontro Internacional entre as seleccións de Suiza, Italia, Bielorusia, Lituania, Eslovaquia, España e, naturalmente, a República Checa. E sorprendendo a propios e estranos, a debutante coa selección española absoluta, a pontevedresa Eva María Iglesias González gañou os 20 km da categoría femenina por diante da italiana Anna Eleonora Giorgi e da andaluza Ainhoa Pinedo González.

Non contenta con gañar, a marchadora pontevedresa deixou o crono nun tempo de 1:34.28 sendo mellor marca personal.

Dende  a Delegación de Pontevedra, dámoslle a noraboa a esta grandísima marchadora e esperamos que non sexa a última boa nova deste ano, xa que incluso pode ser seleccionada para a Copa de Europa de Marcha(Olhao).

¡¡¡Parabéns!!!

Resultados Encuentro Internacional de marcha

Pontevedra na rede global.

O Campionato de España de 10000- Trofeo Ibérico sigue dando noticias dous días despois da súa finalización. Hoxe publicouse na páxina oficial da IAAF (International Association of Athletics Federation) a nova da consecución por parte de Vivian Cheruiyot da mínima para o Campionato do Mundo de Daegu que se disputará a prtir do 27 de agosto de 2011.

Hoxe Pontevedra ocupa o seu lugar no mapamundi do atletismo.

Aí tendes o enlace da noticia da páxina oficial da IAAF.

http://www.iaaf.org/WCH11/news/kind=100/newsid=59678.html

Pontevedra na élite do atletismo

Hoxe en Pontevedra viviuse unha xornada de atletismo de nivel internacional onde tanto en homes como en mulleres conseguironse as mellores marcas do ano en 10000 metros.

Ranking IAAF 10000 metros mulleres

Ranking IAAF 10000 metros homes

A keniana Vivian Cheriuyot compliu coa súa orla de favorita gañando a proba femenina, inda que Jessica Augusto poido dar a sorpresa, pero tivo que retirarse por problemas físicos cando encabezaba a proba. O tempo da gañadora foron uns sensacionais 31:07.02 mínima para o mundial de Daegu, mínima que tamén conseguiu a portuguesa Dulce Félix cun tempo de 31:33.42.

Con respecto as atletas nacionais a vencedora do Campionato de España de 10000 foi a a parar a Isabel Checa cuns discretos 32:48.76 moi lonxe da mínima B do mundial deste ano.

Pero a tarde inda nos iba a dar unha gran carreira masculina onde o veterán atleta portugués Rui Silva  (27:53.55) loitou pola victoria con keniano Vincent Rono (27:52.19) inda que tiveron que conformarse con opter a mínima B para o Campionato do mundo de Daegu.

O primeiro español en cruzar a meta foi Ricardo Serrano cun tempo de 28:42.91.

Destacar as grandes marcas de dous dos galegos que nos representaban. Erea Rodríguez baixou en máis dun minuto a marca coa que gañou o Campionato Galego. Fantásticos os seus 34:57.00. E non nos podemos olvidar do atleta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra Carlos Villamor que nunha carreira valente e apoiado polo público pontevedrés que abarrotaba as gradas, conseguiu baixar dos 30 minutos cunha marca de 29:52.54.

Só tivo un pero, o Trofeo Ibérico viaxou ata terras lusas tanto en categoría femenina como na masculina, o ano que ven haberá que devolverlla en terras portuguesas.

Resultados Campionato de España de 10000 Mulleres

Resultados Campionato de España de 10000 Homes

Resultados Trofeo Ibérico 10000 mulleres

Resultados Trofeo Ibérico 10000 homes

 

Xa temos cartel!!!

Aquí temos o cartel para o Campeonato de España de 10000 ml en pista – Trofeo Ibérico, onde se decidirán os campións nacionais e a mellor selección de dez mil da península ibérica.

Cpto. de España de 10.000 - Pontevedra 2011Antes do campionato, e como teloneiros de excepción, os máis pequenos terán o seu momento de demostrar a sua valía no fondo, xa que programouse unha serie de miles dende as categorías benxamín ata a cadete a partires da 18:00 horas.

Os dous máximos favoritos para a cita pontevedresa son Chema Martínez, vencedor da primeira carreira do circuito Divina Pastora de 10 km, e Ayad Ladmassen actual campión de España de campo a través que xunto cos atletas portugueses invitados darán un bo espectáculo.

Os invitamos a todos a acudir e participar deste evento e que coma sempre o tempo acompañe.

Horario Campeonato de España de 10000 ml

O tempo en Pontevedra