Este domingo día 13 de febreiro se disputará polas rúas da cidade capitalina o Campionato Galego de Marcha en ruta.

A proba, organizada pola Federación Galega de Atletismo en Pontevedra e a Escola Galega de Marcha co patrocinio da Xunta de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, do Concello de Pontevedra,  do Instituo Municipal de Deportes e Coca-Cola, dará comezo as 11:00 horas coa categoría alevín que percorrerán unha distancia de 3 kilómetros dando tres voltas e estreando o novo circuito pontevedrés que finalizará coa categoría absoluta as 12:30 horas.

O circuito, de ida e volta, comezará e finalizará na Gran Vía Montero Ríos enfronte do Pazo da Deputación de Pontevedra. Os atletas sairán en dirección a recién remodelada Praza de España atravesando a Rúa Michelena para chegar ata a Igrexa da Peregrina, donde darán volta na praza para volver sobre os seus pasos.

O corazón da cidade de Pontevedra encherase de marchadores e esperemos que o bo tempo e os espectadores nos acompañen o domingo.

Tríptico

Logo Deporte GalegoIMD Pontevedra