Onte, Día das Letras Galegas, celebrouse na poboación pontevedresa de Cuntis o IX Criterium de marcha enmarcado na II Xornada do Circuito Galego de Marcha Josefina Romero.

O bo tempo acompañou e foron numerosos os atletas que participaron nesta tradicional proba que este ano adelantouse o mes de maio.

Os vencedores absolutos foron os pontevedreses Eva Mª Iglesias González do Atletismo Bidezabal e Francisco Durán Acuña do Ourense Atletismo Academia Postal cuns tempos de 48:12 e 47:04 respectivamente.

Resultados Criterium Marcha

Logo Deporte Galego