Os días 18 e 19 de abril celebrarase no Complexo Deportivo Municipal de Fontecarmoa (Vilagarcía) a primeira edición do Campionato de Galicia de Clubes de Probas Combinadas o aire libre e o Campionato de Galicia Cadete de Probas Combinadas. Reuniranse en Vilagarcía os mellores especialistas da nosa comunidade, co afán de mellorar as súas marcas e de lograr as mínimas para os seus campionatos nacionais, así como de lograr os títulos de campión de Galicia cadete e de clubes en categoría feminina e masculina.

Circular

Nota: Á par das Probas Combinadas celebrarase na xornada do sábado 18 un control de Lanzamento de Martelo de 4kg feminino ás 16:00.