O próximo sábado 16 de maio, en xornada matinal, celebraranse no Complexo Deportivo Municipal de Fontecarmoa (Vilagarcía) o Campionato Provincial Alevín e o Campionato Provincial Infantil Tetrathlon.

Novo Horario

Listado Provisional (actualizado ás 14:15 do venres 15)

Un total de 10 clubes realizaron incorrectamente algunhas inscricións, poñendo marcas non realizadas nas fases previas. Por dito motivo modificáronse as marcas de inscrición dos atletas mal inscritos, poñendo as súas millores marcas efectuadas nas fases previas. Prégase a todos que en vindeiras ocasións fagan as inscricións acorde coa normativa.

Asemade, lémbrase que só poderán participar nas probas de relevos un equipo por entidade e sexo.