O próximo sábado 21 de maio celebraranse no CGTD de Pontevedra o Campionato Provincial Benxamín de atletismo en pista e o Cto. Provincial Alevín de probas combinadas. Asemade, celebrarase o Cto. Provincial Benxamín de Relevos, no cal cada entidade poderá disputar o título con un único equipo, poidendo ademáis participar fora de concurso con un segundo equipo.

Horario e Regulamento (MODIFICADO)

Amplíase o prazo de inscrición ata as 20:00 horas do martes 17 de maio.

Os relevos computarán como unha proba máis.

Ránkings:    Feminino –  Masculino

IMPORTANTE: É de vital importancia que, unha vez publicados os inscritos, aqueles atletas que teñan ou queiran renunciar a algunha proba o fagan á maior brevidade, para que poida así participar o seguinte atleta no seu lugar. Ditos avisos deberán efectuarse a fgatletismopontevedra@gmail.com e irase actualizando o listado de participantes na web facendo constar data e hora da última actualización.