O vindeiro sábado 12 disputaranse na cidade de Pontevedra as dúas primeiras competicións da nova tempada 2016/17.

I Trofeo de Marcha da Deputación de Pontevedra

Na xornada matinal levarase a cabo nas instalacións do CGTD  o “I Trofeo de Marcha da Deputación de Pontevedra”, que será ademáis a primeira xornada do Circuíto Galego de Marcha Atlética Josefina Romero. Daránse cita  dende as 10:30 máis dun centenar de atletas coa clara intención de preparar o Cto. de Galicia que se celebrará a finais de mes.

Horario e Regulamento

Lista de Inscritos

.

III Milla Solidaria Anedia

 Na xornada de tarde, na Avenida de Montero Ríos, celebrarase a xa tradicional Milla Solidaria Anedia, que vai xa pola súa terceira edición e que conta con 590 inscricións, sen dúbida unha cifra de participantes moi importante para tratarse de unha milla. As probas comenzarán ás 16:30, estando prevista a entrega de premios ás 18:30.

Horario e Regulamento

Lista de Inscritos