Campionato Galego Escolar de Campo a Través

RESULTADOS GALEGO ESCOLAR 060310

O sábado 6 de Marzo de 2010, celebrouse no circuito da Praia de Cabío, Concello de A Pobra do Caramiñal, o Campionato Galego Escolar de Campo a Través.

Hai que agradecer enormemente a colaboración prestada polo cluble AAD Barbanza, que preside Pepe Moure, que organizaron todo, para que este campionato resultara o mellor posible.

Entre outras personalidades estiveron presentes o Secretario Xeral para o Deporte Sr. Lete, os xefes provinciais de deportes da Xunta de Galicia, o Director Técnico da FGA Sr. Seijo, e o noso Delegado D. Iván Sanmartín.

Adxuntamos os resultados de tódalas categorías, que tiveron unha grande participación e un nivel extraordinario. Cabe destacar que os cinco primeiros clasificados homes e mulleres da categoría cadete, representarán á Comunidade Galega no vindeiro Campionato de España de Campo a Través a celebrar o 27 de Marzo en Albacete.

Felicitamos a Dna Xiana Rendo  Mallo, do Clube Triatlón Bricosa, subcampiona galega, que é a única representante da nosa Delegación para o Campionato de España. Moita sorte.

I CARREIRA SOLIDARIA AXUDA A HAITÍ

O vindeiro domingo 14 de marzo celebrararase a 1ª Carreira Solidaria de Axuda ós dagmificados polo terremoto de Haití.
Tódolos interesados en participar poderán facer a súa inscrición ata o venres 12 de marzo no correo electrónico inscricionsFGAsantiago@gmail.com ou no número de FAX 981 191559.
A Delegación de Atletismo de Santiago tomará parte na organización deste evento levando o control da proba de xeito altruista e colaborando en todo intre coa organización.
Poderán consultar o regulamento da proba na sección CALENDARIO. TOMEMOS TODOS PARTE NESTE PROXECTO SOLIDARIO!!!.

A Xunta de Galicia decideu aprazar a celebración do Campionato Galego Escolar de Campo a Través previsto para este sábado 27 de febreiro no circuito da Praia de Cabío no Concello de Pobra do Caramiñal debido o forte temporal que azotará Galicia nas vindieras horas.
A nova data de celebración será o sábado 6 de marzo no mesmo escenario.

CAMPEONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

O vindeiro sábado 27 de febreiro celebrarase o Campionato Galego Escolar de Campo a Través no circuito da Praia de Cabío, onde xa se disputaron os Campeonatos Galego de Veteráns e Provincial Escolar.
O bo facer do Concello da Pobra e, en especial, da Agrupación Deportiva do Barbanza, fan que de novo se celebre un Campionato Galego Escolar na zona.

CURSO DE XUICES TERRITORIAIS

O vindeiro venres 29 de xaneiro dará comenzo o curso preparatorio para xuices territoriais, exame que se celebrará o 20 de marzo (data todavía por confirmar). O curso será impartido por D. Luis Lado Fernández, xuiz nacional, e por Jesús Silva Pérez, delegado de xuices da Delegación de Santiago. O curso impartirase os venres no Estadio de Atletismo da Universidade de Santiago a partir das 20:30 horas.
Paralelamente impartirase nos vindeiros fins de semana un curso en A Silva un curso preparatorio para complacer o interese mostrado polo clube atlética A Silva de quitar este título.
Para máis información poderán chamar ós teléfonos de información 622 755657 e 635 509352. Moita sorte ós aspirantes 2010.

SUSPENSIÓN DEFINITIVA DO III CROSS DE GALICIA

A 3ª edición do Cross de Galicia queda oficialmente suspendida debido a falta de interese e a precariedade presupuestaria do Concello de Santiago de Compostela a través do seu Departamento de Deportes.
Deste xeito vanse moitos esforzos feitos durante as dúas eidicións anteriores que tentaban situar este Cross no calendario Nacional; a crise económica e o compromiso adquirido polo departamento de Deportes do Concello de Santiago de celebrar a Fase Final da Copa de España de Fútbol Sala non permiten seguir adiante con este proxecto que naceu na tempada 2007/08 coa celebración do Campionato Galego Absoluto de Cross no Monte do Gozo. Unha magoa que esto ocorra, e que se prioricen outros deportes perxudicando neste caso, ó atletismo que tanto arraigo ten na nosa comunidade.

Campionato Galego de Veteráns

A praia de Cabio de Pobra do Caramiñal foi o escenario do Campionato Galego de Campo a través e a xornada non puido ser mais exitosa, e o tempo axudou ao participantes o que supuxo de moitos atletas cos seus familiares e amigos creasen unha gran ambite en todas as carreiras.
A xornada comezou coa carreira de mulleres de todas as categoría, proclamandose campioa a gran favorita Soledad Castro Soliño do Comesaña, que desde o pistoletaza de saída cogio a cabeza e mantívoa durante a carreira que logrou nun tempo de 19.53, sendo segunda Isabel Saez que cruzo a meta a 1 miuto 22 segundos de Soledad, a terceira posición foi para Monserrart Carreira que cruzou a meta cun tempo de 22.06.
Categoría M35/40
Fantastica carreira as disputada nestas categorías, pue nada máis iniciarse a carreira salio moi forte Jose Manuel Rodriguez Moure que desde o pirmer metro púxose a tirar de todos os atletas hata que o final da primeira volta foi cogiido pour un grupo de tres atletas que ao cabo resultarian o podium da carreira. Ultímoos metros fnales foron dunha gran beleza, pois houbo moitas dúbidas para proclamar o vencedor que resultou ser o atleta da Sociedade Gmnastica Carlos Piñeiro Rivas cun tiiempoo de 23,55, sendo segundo Xavier Diaz do Lucus co mesmo tempo de Carlos, sendo terceiro o olimpico Alejandro Gómez con 24.01, que debutaba na categoría de veteranos.
Categoría M45 e seguintes
A proba final da categoría M45 e siguentes, foi dominada polo favorito e campeon da edicion do ano pasado polo atleta da Universidade de Santiago, Manuel Vigo Otero que fixo 17.03 nos 5, 5 Km. , seguíronlle na linea de meta Angel Rodriguez López con 17.31 e José Martinez Santomé con 17.34.
Equipos:
A clasificacion final de equipos os campións foron: Val Miñor categorías 35/40 , Universidade de Santiago en M45 e seguintes, sendo o Ourense Academia Postal o vencedor na categoría feminina.
A organización resultou un éxito, onde o Concello dá Pobra envorcouse con todos os asistentes para que se sentisen comodos en todo momento.

Resultados   Fotos (gentileza Jorge Blanco)