Archivo para la categoría ‘ Ruta

A Delegacion en Santiago da Federación Galega de Atletismo de Santiago estará na proba a celebrar o domingo 23 de decembro en Porto do Son e que unirá a localidade de Portosín coa do Son.

Tedes no seguinte enlace o regulamento da proba e os enlaces coas inscricions de adultos (de xuvenil-junior en adiante) e de escolares (de pitufo a cadete).

REGLAMENTO CARRERA POPULAR SIN-SON 10K

FORMULARIO DE INSCRICIONS ESCOLARES (De chupete a cadete)

INSCRICIONS ADULTOS (De xuvenil-junior en adiante)

Desexamos sorte á organización desta proba encabezada pola Agrupación Deportiva de Porto do Son e animamos a todos os atletas galegos a que apoien coa súa participación esta magnífica proba que terá o seu padriño na figura do atleta santiagués Pedro Nimo del Oro.

O vindeiro sábado celebrarase a proba nocturna da zona vella ou casco histórico que forma parte do I Circuito de Carreiras Saudables de Santiago. A proba reunirá a case 500 atletas en adultos e escolares, síntoma que indica que o esforzo feito na preparación deste circuito comenza a dar os seus froitos.

Compre lembrar unha vez máis os seguintes aspectos:

– Os atletas inscritos nas 4 probas do circuito terán que empregar sempre o mesmo dorsal de competición.

– A proba escolar dará comenzo ás 22 horas e a de adultos ás 22.30 horas da Praza da Quintana.

– As camisetas do circuito poderán ser recollidas na planta de deportes do Centro Comercial Compostela (El Corte Inglés-Hipercor Santiago).

Listados de inscritos escolares:

INSCRICION ESCOLARES CORRESAN NOCTURNA CIDADE VELLA

INSCRICION ADULTOS CORRESAN CIDADE VELLA POR APELIDOS

Para rematar, faise un especial chamamento a que todos os atletas tomen precaución tanto na Saida (especialmente estreita) como durante o percorrido onde haberá numeroso público asistente.

Moitas gracias a todos/as pola súa colaboración.

“O vindeiro sábado 30 de xuño arranca o circuito de carreiras saudables de Santiago “CORRE SAN”, un circuito de 4 carreiras en ruta que explorará os mellores circuitos da cidade compostelana. Todas as probas terán unha proba para escolares (de alevíns a cadetes incluidos) e outra para adultos (de xuvenil en adiante) con distancias que oscilarán entre os 2 e 3 km para escolares e de 4 a 6 km para os adultos.

A primeira proba celebrarase no Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela e contará coa colaboración inestimable da Fundación da USC Deportiva así como da propia USC.

A PROBA ESCOLAR DA PROBA DO 30 DE XUÑO CELEBRARASE ÁS 19 HORAS. A PROBA DE ADULTOS SERÁ AS 19:30 HORAS.

Compre lembrar que estará aberta a inscrición no Centro Comercial Compostela (El Corte Inglés – Hipercor Santiago) ata ás 22 horas do día 27 de xuño tanto para escolares como para adultos. Os clubes (adultos e escolares) e Centros Escolares que desexen participar na clasificación final de premios a clubes terán que facer obrigatoriamente a inscrición no Centro Comercial Compostela.

As inscricións online de adultos poderán facela a través da páxina www.championchipnorte.com; para escolares poderán remitir os datos incluidos no regulamento das probas ó correo electrónico inscricionsFGAsantiago@gmail.com ou rellenar o formulario de inscrición presente na páxina web www.atletismogalego.org

REGULAMENTO AQUÍ

RESULTADOS ESCOLARES: CORRE SAN CAMPUS

RESULTADOS ADULTOS: Rep_01_TOTAL.htm

Muchas gracias!!