CAMPIONATO GALEGO DE CANICROSS
Escrito por FGA SantiagoMar 14
O sábado 13 de Marzo de 2010, no circuito de A Granxa do Xesto, no Monte Pedro en Santiago de Compostela, celebrouse outra fase do Campionato Galego de Canicross, na que participaron os atletas e cans federados nas diferentes categorias do campionato. Sobre un percorrido de 5,5km de dureza considerable, 16 participantes chegaron o final do mesmo, os cales puntuaron para a clasificación final de dito campionato.
O atleta compostelán Roberto Salvado Tejedor, co seu can Berta, seguen a cabeza do campionato galego, buscando refrendar o título acadado na tempada pasada.
Acheganse os resultados e clasificacións.RESULTADOS CANICROSS SANTIAGO 130310