O vindeiro sábado celebrarase a proba nocturna da zona vella ou casco histórico que forma parte do I Circuito de Carreiras Saudables de Santiago. A proba reunirá a case 500 atletas en adultos e escolares, síntoma que indica que o esforzo feito na preparación deste circuito comenza a dar os seus froitos.

Compre lembrar unha vez máis os seguintes aspectos:

– Os atletas inscritos nas 4 probas do circuito terán que empregar sempre o mesmo dorsal de competición.

– A proba escolar dará comenzo ás 22 horas e a de adultos ás 22.30 horas da Praza da Quintana.

– As camisetas do circuito poderán ser recollidas na planta de deportes do Centro Comercial Compostela (El Corte Inglés-Hipercor Santiago).

Listados de inscritos escolares:

INSCRICION ESCOLARES CORRESAN NOCTURNA CIDADE VELLA

INSCRICION ADULTOS CORRESAN CIDADE VELLA POR APELIDOS

Para rematar, faise un especial chamamento a que todos os atletas tomen precaución tanto na Saida (especialmente estreita) como durante o percorrido onde haberá numeroso público asistente.

Moitas gracias a todos/as pola súa colaboración.