O venres 16 reuniuse co Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete, para tratar a reforma do estadio de atletismo de Balaídos, a comisión saída da reunión extraordinaria do día anterior para representar ao atletismo vigués. Esta comisión estivo formada por Isidoro Hornillos (presidente da FGA), Xabier Alonso (concelleiro de deportes de Vigo), Eleuterio García (delegado en Vigo da FGA), José Luis Domínguez (clubes), Ángel Serantes (entrenadores), Óscar Fernández (atletas), e Hipólito Sousa (director técnico da delegación en Vigo da FGA).

A comisión pretendía por tódolos medios que se efectuase o proxecto de reforma integral do estadio de atletismo —incluindo: módulo cuberto; nova grada; ximnasio; servicios anexos de secretaría, medios de comunicación e outros; e reforma da pista— proxecto para o que había un protocolo do Concello de Vigo e a Xunta de Galicia.

Na reunión, a Dirección Xeral para o Deporte manifestou que considera que non e asumible a cantidade de 5 millóns de euros para o citado proxecto, e alegou que non había partida orzamental asignada.

Partindo disto o director xeral solicitou á comisión que aporte as necesidades e prioridades de instalacións do atletismo vigués. A comisión puso de manifesto que as necesidades sólo quedarían cubertas co proxecto integral, pero que as prioridades son:

  • módulo cuberto homologado (lonxitude mínima de recta de 80 m)
  • arreglo de dependencias baixo a grada: vestiarios e almacén de material
  • dependencias anexas para secretaría, medios de comunicación, etc.
  • ximnasio (sala e material)

Concluiuse reunirse de novo a comisión co Director Xeral para o Deporte para concretar as obras encaminadas a satisfacer estas prioridades.

Exposta esta situación, invitamos a todos os técnicos e atletas a facer as aportacións de requerimentos para estas prioridades, e a seguir loitando por que o prometido se faga realidade.